[Tradutores-Ubuntu] Firefox ao Galego
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Tue Oct 31 18:13:46 GMT 2006
Ola de novo,
Só un pequeno apunte, (porque non me gusta deixar de darlle
recoñecemento a todos os que o merecen): antes cando falaba da xente que
está no grupo que trata de "reoficializar" a tradución de mozilla ao
galego, e está tamén no noso grupo, esquecín a Daniel Muñiz. Non hai
ninguén máis, ¿non?.
Un saúdo.
Felipe.
Felipe Gil Castiñeira wrote:
> Ola a todos,
>
> O Firefox non se pode traducir de momento en Rosetta, pero en mancomun
> acábano de poñer na súa ferramenta de tradución web. Se alguén quere
> colaborar, no correo adxunto tedes a dirección.
>
> Por outro lado, hai un grupo de xente (Leandro Regueiro, que está tamén
> no noso grupo, entre eles), que está negociando coa xente de Mozilla a
> xestión da tradución oficial, así que supoño que o traballo que se faga
> en mancomún será aproveitado e proximamente incorporado na versión oficial.
>
> Un saúdo.
> Felipe.
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list