[Tradutores-Ubuntu] Firefox ao Galego
Manuel Xosé Lemos
mxlemos at gmail.com
Tue Oct 31 21:54:55 GMT 2006
-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1
O 31/10/2006, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> Ola a todos,
>
> O Firefox non se pode traducir de momento en Rosetta, pero en mancomun
> acábano de poñer na súa ferramenta de tradución web. Se alguén quere
> colaborar, no correo adxunto tedes a dirección.
Unha boa nova, Firefox é unha das ferramentas esenciais a traducir,
espero que tamén poñan Thunderbird. Por certo, ¿"adxunto" é correcto? no
VOLGA aparece pero no corpus de OpenOffice traducen por anexo o mesmo
que recomendan os de Trasno.
> Por outro lado, hai un grupo de xente (Leandro Regueiro, que está tamén
> no noso grupo, entre eles), que está negociando coa xente de Mozilla a
> xestión da tradución oficial, así que supoño que o traballo que se faga
> en mancomún será aproveitado e proximamente incorporado na versión oficial.
Hai tempo que un grupo intentou falar cos de Mozilla pero a cousa non
chegou a nada. Xa vai sendo hora de que os de Mozilla inclúan o galego
na súa páxina, a ver se desta vai...
Saúdos.
-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.3 (GNU/Linux)
iD8DBQFFR8YudtMHTt1U9TwRAr17AKCPZ3Vz73QmnMbZUEXCFSOH7dbA7wCggXg0
VBejuXwexiqvmgjm9xFgnWE=
=9SvK
-----END PGP SIGNATURE-----
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list