[Tradutores-Ubuntu] Firefox ao Galego

Felipe Gil Castiñeira xil at det.uvigo.es
Tue Oct 31 11:13:59 GMT 2006


Ola a todos,

O Firefox non se pode traducir de momento en Rosetta, pero en mancomun
acábano de poñer na súa ferramenta de tradución web. Se alguén quere
colaborar, no correo adxunto tedes a dirección. 

Por outro lado, hai un grupo de xente (Leandro Regueiro, que está tamén
no noso grupo, entre eles), que está negociando coa xente de Mozilla a
xestión da tradución oficial, así que supoño que o traballo que se faga
en mancomún será aproveitado e proximamente incorporado na versión oficial.

Un saúdo.
    Felipe.

-------- Original Message --------
Subject: 	[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao
galego
Date: 	Tue, 31 Oct 2006 13:01:26 +0100
From: 	arribi <arribi at cesga.es>
Reply-To: 	Ferramentas necesarias para a localización de novos proxectos
ao galego <ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org>
To: 	Ferramentas necesarias para a localización de novos proxectos ao
galego <ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org>



Ola a todos:

Acabamos de subir os ficheiros PO para a tradución do Firefox 2.0 ao 
galego. Calquera usuario rexistrado no Entrans 
(http://www.mancomun.org/entrans/main.php) pode axudar na localización.

A tradución está parcialmente feita (67,2%) xa que foi importada do 
excelente traballo que fixera Jacobo Tarrío para a versión 1.5.x. 
Contactamos con el hai unhas semanas para coordinar o traballo pero 
aínda non tivemos resposta. Por certo, sabe alguén como está o tema da 
coordinación oficial coa xente de Mozilla?

Agradeceriamos que lle dérades publicidade nas vosas listas e contactos. 
Esperemos que esta nova iniciativa teña tan boa acollida como a da 
tradución da interface do OpenOffice 2.0.4.

Saúdos e gracias.

J. Arribi


_______________________________________________
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list