[Tradutores-Ubuntu] Optimización das traducións

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Tue May 30 19:13:11 BST 2006


lbarcala at freeresearch.org wrote:
> Ola a todos:
>
> Estiven botando un vistazo a como subir arquivos .po e demais e,
> efectivamente, os .po de mancomún efectivamente son diferentes aos que
> manexa o launchpad de ubuntu.
>
> Baixei o .po que xenera launchpad para o paquete ooo-base, que por defecto
> chamou gl.po, e que di que sae de basic/source/. Fun ao directorio
> basic/source do paquete de mancomún e había tres .po (e ningún se chama
> gl): app.po, classes.po e sbx.po. Ademais, tampouco coincidían as mensaxes
> (en inglés) coas que había no gl.po.
>   
Xusto ese ".po" foi un erro meu. Onte pola noite estiven tentando ver se 
se podían subir os ".po" de imaxín. Para probar o funcionamento, subín o 
".po" de basic/source. Esperaba que de non haber coincidencias nas 
cadeas dese algún tipo de erro, pero non, todo o contrario: a miña 
petición entrou nunha cola (executouse fai unhas horas) e non puiden 
eliminar a tarefa.  Vou eliminar esas cadeas para non crear problemas.

> Supoño que isto se debe a que os .po de mancomún se corresponden con unha
> versión de openoffice diferente á de ubuntu (xa que a outra alternativa
> sería que en ubuntu se trataran os .po de maneira diferente, cousa que
> dubido moito).
>
> Polo tanto, sigo tendo algunhas dúbidas sobre como ser máis produtivo
> neste campo da localización. Por un lado están os localizadores que
> interactúan directamente con www.openoffice.org, que fan as súas
> localizacións. Polo outro hai particulares e/ou empresas facendo
> localizacións para unha versión determinada (polo que vexo), e polo outro
> están as diferentes distribucións, que non sei moi ben se volven a
> traducir o que xa traduciron outros ou se aproveitan, dalgún xeito que
> agora mesmo descoñezo, o traballo que fan outros para incorporalo ás
> mesmas.
>   

> ¿Que opinades?
>
> ¿Cal credes que debe ser a nosa maneira de traballar?
>   
OpenOffice é unha aplicación moi complexa, así que eu non a tomaría como 
exemplo. Agora mesmo non teño moi claro como proceder con ela. O ideal é 
que os que fixeron a tradución lla manden ao equipo que mantén o 
OpenOffice e logo se incorpore a Rosetta.

> ¿Traducir na web as diferentes mensaxes e ignorando todo o que xa hai
> feito por aí?
>
> Sinceramente, esta alternativa paréceme moi ineficiente e, por outra
> banda, non teño moi claro como se pode incorporar un traballo xa feito ao
> sistema de localización de ubuntu (que é o que nos ocupa).
>   
Para a maioría das aplicacións non hai problemas ao subir os arquivos 
".po" e traballar a partir deles (anque Rosetta xa está sincronizada 
coas versións orixinais). Algo que é importante para evitar a 
duplicidade do traballo, é comprobar se hai alguén traballando na 
tradución noutro sitio. No caso do galego pódese preguntar na lista de 
trasno (trasno at ceu.fi.udc.es). (¿algún outro lugar?).

En resumo: para min o mellor é utilizar Rosetta como unha ferramenta de 
tradución típica (pero con algunha vantaxe):

    * Comprobar se alguén está traducindo o programa (preguntando en
      trasno, por exemplo).
    * Se está "libre", facer a tradución (se se utiliza Rosetta, poden
      colaborar varias personas  e ademáis o resultado engádese
      automáticamente a Ubuntu).
    * Crear os arquivos ".po" e mandarllos á persoa que mantén dito
      programa.


Un saúdo!
    Felipe.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list