[Tradutores-Ubuntu] Optimización das traducións
lbarcala at freeresearch.org
lbarcala at freeresearch.org
Tue May 30 17:50:29 BST 2006
Ola a todos:
Estiven botando un vistazo a como subir arquivos .po e demais e,
efectivamente, os .po de mancomún efectivamente son diferentes aos que
manexa o launchpad de ubuntu.
Baixei o .po que xenera launchpad para o paquete ooo-base, que por defecto
chamou gl.po, e que di que sae de basic/source/. Fun ao directorio
basic/source do paquete de mancomún e había tres .po (e ningún se chama
gl): app.po, classes.po e sbx.po. Ademais, tampouco coincidían as mensaxes
(en inglés) coas que había no gl.po.
Supoño que isto se debe a que os .po de mancomún se corresponden con unha
versión de openoffice diferente á de ubuntu (xa que a outra alternativa
sería que en ubuntu se trataran os .po de maneira diferente, cousa que
dubido moito).
Polo tanto, sigo tendo algunhas dúbidas sobre como ser máis produtivo
neste campo da localización. Por un lado están os localizadores que
interactúan directamente con www.openoffice.org, que fan as súas
localizacións. Polo outro hai particulares e/ou empresas facendo
localizacións para unha versión determinada (polo que vexo), e polo outro
están as diferentes distribucións, que non sei moi ben se volven a
traducir o que xa traduciron outros ou se aproveitan, dalgún xeito que
agora mesmo descoñezo, o traballo que fan outros para incorporalo ás
mesmas.
¿Que opinades?
¿Cal credes que debe ser a nosa maneira de traballar?
¿Traducir na web as diferentes mensaxes e ignorando todo o que xa hai
feito por aí?
Sinceramente, esta alternativa paréceme moi ineficiente e, por outra
banda, non teño moi claro como se pode incorporar un traballo xa feito ao
sistema de localización de ubuntu (que é o que nos ocupa).
Un saúdo,
Mario
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list