Re: [Tradutores-Ubuntu] Tradución de OpenOffice ao galego
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Tue May 30 00:02:47 BST 2006
Ola Mario!
Desculpa a tardanza na resposta.
Con respecto ao openoffice, na lista de "Trasno" falaron de subir a Debian a
versión en galego do OpenOffice, co que os cambios se propagarían a Ubuntu
(por outro lado é probable que a xente de mancomún, de Imaxín, da Xunta, do
Cesga -ou de quen sexa o responsable- lle mande o traballo feito as persoas
que manteñen o OpenOffice).
En Ubuntu pódese adiantar traballo subindo directamente os ".po" a Rosetta.
Esta tarefa pódea realizar calquer persoa do equipo de tradutores. Estiven
botando un ollo moi por enriba, pero semella que a organización dos paquetes
en Rosetta e os ".po" de Imaxín é diferente (comprobareino máis a fondo).
Por outro lado, calquer persoa do equipo pode aprobar os cambios... ti estás
no equipo... así que as túas traducións deberían ser aceptadas directamente
(a non ser que cambiasen algo na forma de traballar de Rosetta e non me
enterease). Comprobareino tamén.
Un saúdo!
Felipe.
On 5/26/06, lbarcala at freeresearch.org <lbarcala at freeresearch.org > wrote:
>
> Ups! Perdon por non poñer o subject.
>
> > Xa todos sabemos que está o OpenOffice localizado ao galego. A versión
> que
> > se localizou dispoñible en mancomun.org é a 2.0. Creo que Ubuntu Breezy
> > utiliza esa versión (ou similar), por tanto a miña pregunta é a
> seguinte.
> >
> > ¿Qué temos que facer para que esa tradución estea dispoñible en Ubuntu?
> >
> > En
> >
> http://www.mancomun.org/index.php/index.php/index.php/content/view/171/107/#po
> >
> > están os .po correspondentes para a localización.
> >
> > ¿Que teriamos que facer? ¿Hai que subir eses po ao launchpad? ¿Xa están
> > subidos?
> >
> > O caso é que me perdo un pouco con tantos sistemas de localización,
> tantas
> > distribucións, xente de diferentes distribucións localizando as mesmas
> > cousas...
> >
> > Partamos dun exemplo concreto:
> >
> > Xa hai unha tradución do OpenOffice ao galego (e creo que é unha versión
> > igual ou moi próxima á que ten Breezy). ¿Cómo facemos para tela en
> ubuntu?
> > ¿Que proceso debemos seguir?
> >
> > A ver se alguén me pode aclarar un pouco a situación.
> >
> >
> > E por outra parte, cando eu introduzo algún cambio nalgunha tradución a
> > través da Rosetta, dime que hai un supervisor que ten que aprobar os
> > cambios. ¿Quen é ese supervisor? ¿Felipe? ¿Alguén alleo a Ubuntu?
> > Vamos, que non entendo moi ben o funcionamento de todo isto.
> >
> > Un saúdo a todos,
> >
> > Mario
> >
> >
> >
> >
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
-------------- next part --------------
An HTML attachment was scrubbed...
URL: https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20060530/ef421f14/attachment.htm
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list