[Tradutores-Ubuntu] Optimización das traducións

lbarcala at freeresearch.org lbarcala at freeresearch.org
Wed May 31 08:01:34 BST 2006


> Xusto ese ".po" foi un erro meu. Onte pola noite estiven tentando ver se
> se podían subir os ".po" de imaxín. Para probar o funcionamento, subín o
> ".po" de basic/source. Esperaba que de non haber coincidencias nas
> cadeas dese algún tipo de erro, pero non, todo o contrario: a miña
> petición entrou nunha cola (executouse fai unhas horas) e non puiden
> eliminar a tarefa.  Vou eliminar esas cadeas para non crear problemas.

O que non sei é qué sucede se introduces un .po para o que xa existe
traducido outro (ou parte del) en Rosetta :). ¿Manéxanse diferentes
versións de software e diferentes traducións? ¿Cal é a que finalmente se
incorpora á distribución?

> En resumo: para min o mellor é utilizar Rosetta como unha ferramenta de
> tradución típica (pero con algunha vantaxe):
>
>     * Comprobar se alguén está traducindo o programa (preguntando en
>       trasno, por exemplo).
>     * Se está "libre", facer a tradución (se se utiliza Rosetta, poden
>       colaborar varias personas  e ademáis o resultado engádese
>       automáticamente a Ubuntu).
>     * Crear os arquivos ".po" e mandarllos á persoa que mantén dito
>       programa.

De acordo, tomo nota. Un saúdo,

  Mario






More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list