[Tradutores-Ubuntu] Presentación e suxestión
Fran Diéguez
fran.dieguez en mabishu.com
Lun Xuñ 10 08:22:01 UTC 2024
Ola Leandro,
grazas polo reporte. Que versión de Ubuntu tes instalada?
Acabo de revisar tanto nas traducións de GNOME como as herdadas en Ubuntu e cando menos na ultima versión non ten o erro.
https://l10n.gnome.org/POT/gnome-control-center.gnome-46/gnome-control-center.gnome-46.gl.po
gnome-control-center.gnome-46.gl
Documento de texto · 322 KB
https://translations.launchpad.net/ubuntu/noble/+source/gnome-control-center/+pots/gnome-control-center-2.0/gl/+translate?batch=10&show=all&search=Wired
Galician (gl) : Template “gnome-control-center-2.0” : Noble (24.04) : Translations : gnome-control-center package : Ubuntu
translations.launchpad.net
> El 10 jun 2024, a las 10:08, Leandro Vergara Míguez <leillo1975 at gmail.com> escribió:
>
> Ola a todos!
>
> En primeiro lugar gustaríame saudar a todos os membros desta lista de
> correo e felicitalos polo seu gran traballo.
> Son administrador de sistemas nunha escola técnica e dende fai 18 anos
> usuario de Ubuntu (en galego). Dende o meu traballo e persoalmente tento
> promover o software libre e o uso de tanto os seus sistemas operativos como
> das súas ferramentas.
> Dende hai unhas cantas versións vexo un erro de tradución en Ubuntu nas
> preferencias de rede, onde se traduce a sección de conexións con cable como
> "Sen fíos" cando debería ser o contrario ("Con fíos"). "Sen fíos" deberían
> ser as conexións WiFi. Vexo este erro a diario xa que teño que pelexar con
> multitude de PCs con Ubuntu e derivadas.
>
> Adxunto unha captura de pantalla co erro:
> [image: Captura de pantalla de 2024-06-10 10-07-09.png]
>
>
> Saudos a todos
> <Captura de pantalla de 2024-06-10 10-07-09.png>--
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl