[Tradutores-Ubuntu] Presentación e suxestión
Leandro Vergara Míguez
leillo1975 en gmail.com
Lun Xuñ 10 08:08:59 UTC 2024
Ola a todos!
En primeiro lugar gustaríame saudar a todos os membros desta lista de
correo e felicitalos polo seu gran traballo.
Son administrador de sistemas nunha escola técnica e dende fai 18 anos
usuario de Ubuntu (en galego). Dende o meu traballo e persoalmente tento
promover o software libre e o uso de tanto os seus sistemas operativos como
das súas ferramentas.
Dende hai unhas cantas versións vexo un erro de tradución en Ubuntu nas
preferencias de rede, onde se traduce a sección de conexións con cable como
"Sen fíos" cando debería ser o contrario ("Con fíos"). "Sen fíos" deberían
ser as conexións WiFi. Vexo este erro a diario xa que teño que pelexar con
multitude de PCs con Ubuntu e derivadas.
Adxunto unha captura de pantalla co erro:
[image: Captura de pantalla de 2024-06-10 10-07-09.png]
Saudos a todos
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: Captura de pantalla de 2024-06-10 10-07-09.png
Type: image/png
Size: 10716 bytes
Desc: non dispoñíbel
URL: <https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20240610/ac108b44/attachment.png>