[Tradutores-Ubuntu] Fwd: Consulta: Shear X

Marcos Lans marcoslansgarza en gmail.com
Lun Ago 28 20:17:34 UTC 2017


Ola

Grazas pola resposta. Despois de descargar e buscar na última beta que 
teñen, comprobei que o efecto é para fotografías e coincide basicamente 
co que ten o GIMP que se traduciu como «Inclinación» como ti suxires. 
Coido que é a tradución máis axeitada se non hai outra suxestión.

Saúdos

On 28/08/17 18:48, Román wrote:
>   Boas,
> 
>   Non sei se alguén che contestou xa ou aínda non, pero velaquí o meu aporte:
> 
>   "Shear" ou "shears" refírese literalmente á cizalla / cisalla [7] ou
> a instrumentos análogos. Tamén se emprega, igual que en galego ou
> castelán, para a "forza de cizallamento" [6] (usada en xeoloxía ou en
> resistencia dos materiais, entre outros): para ter unha idea clara,
> imaxina que tes dúas pezas de lego montadas unha por riba da outra e
> que mentres agarras a de embaixo con forza, empurras a superior por un
> dos seus laterais (de forma paralela ó plano de unión de ambas),
> chegando a deformalas ou incluso a separar unha da outra
> (probablemente rompendo parte dos elementos que serven de conexión)
> facendo que unha se desprace sobre da outra.
> 
>   En edición de imaxe e vídeo (que entendo que é o contexto no que
> supoño que nos movemos dado que Openshot é un programa para tarefas
> desa índole) normalmente úsase como sinónimo de "page / screen
> tearing", tal e como menciona a propia wikipedia [1], [2].
>   Sen embargo, tendo en conta que neste caso o aplicativo fala de
> "shear angle", se non me equivoco moito refírese a un desprazamento
> lateral (pero neste caso, progresivo, continuo) da imaxe, para darlle
> forma de romboide [5] no canto de rectangular:
>    ____
>   /     /
> /     /
> ¨¨¨¨¨¨
>   Neste sentido, en matemáticas e física atopamos o termo "shear
> mapping" [3] que podemos traducir como "transvección" ou
> "transformación de cizallamento" [4] e que provoca exactamente un
> efecto deste tipo.
> 
>   De calquera xeito, o mellor que podes facer e probar a aplicar esa
> transformación a un vídeo para comprobar se estou no certo.
> 
>   Sobre que termo galego usar, en concreto, pois tampouco estou moi
> seguro. Aparte dos que xa mencionei, suxeriría "ángulo de
> desprazamento lateral en X" (ou, se cadra, "deformación" ou
> "inclinación").
> 
>   Saúdos,
> 
>   Román
> 
>   Referencias:
>   [1] https://en.wikipedia.org/wiki/Shear
>   [2] https://en.wikipedia.org/wiki/Screen_tearing
>   [3] https://en.wikipedia.org/wiki/Shear_mapping
>   [4] https://pt.wikipedia.org/wiki/Transforma%C3%A7%C3%A3o_de_cisalhamento
>   [5] https://gl.wikipedia.org/wiki/Romboide
>   [6] https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=15356&opcion=entrada&entrada=cizallamento
>   [7] http://academia.gal/dicionario/-/termo/cisalla
> 
> 
> 2017-08-27 22:14 GMT+02:00 Marcos Lans <marcoslansgarza at gmail.com>:
>>
>>
>> Ola
>> Sabe alguén como se traduciría correctamente:
>>
>> Shear X
>> Shear Y
>>
>> Pertencen á tradución do Openshot. E na súa páxina explican que
>>
>> Shear X: Curve representing X shear angle in degrees (-45.0=left,
>> 45.0=right)
>>
>> Tx in advance.
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>