[Tradutores-Ubuntu] Fwd: Consulta: Shear X

Román roman.pena.perez en gmail.com
Lun Ago 28 16:48:45 UTC 2017


 Boas,

 Non sei se alguén che contestou xa ou aínda non, pero velaquí o meu aporte:

 "Shear" ou "shears" refírese literalmente á cizalla / cisalla [7] ou
a instrumentos análogos. Tamén se emprega, igual que en galego ou
castelán, para a "forza de cizallamento" [6] (usada en xeoloxía ou en
resistencia dos materiais, entre outros): para ter unha idea clara,
imaxina que tes dúas pezas de lego montadas unha por riba da outra e
que mentres agarras a de embaixo con forza, empurras a superior por un
dos seus laterais (de forma paralela ó plano de unión de ambas),
chegando a deformalas ou incluso a separar unha da outra
(probablemente rompendo parte dos elementos que serven de conexión)
facendo que unha se desprace sobre da outra.

 En edición de imaxe e vídeo (que entendo que é o contexto no que
supoño que nos movemos dado que Openshot é un programa para tarefas
desa índole) normalmente úsase como sinónimo de "page / screen
tearing", tal e como menciona a propia wikipedia [1], [2].
 Sen embargo, tendo en conta que neste caso o aplicativo fala de
"shear angle", se non me equivoco moito refírese a un desprazamento
lateral (pero neste caso, progresivo, continuo) da imaxe, para darlle
forma de romboide [5] no canto de rectangular:
  ____
 /     /
/     /
¨¨¨¨¨¨
 Neste sentido, en matemáticas e física atopamos o termo "shear
mapping" [3] que podemos traducir como "transvección" ou
"transformación de cizallamento" [4] e que provoca exactamente un
efecto deste tipo.

 De calquera xeito, o mellor que podes facer e probar a aplicar esa
transformación a un vídeo para comprobar se estou no certo.

 Sobre que termo galego usar, en concreto, pois tampouco estou moi
seguro. Aparte dos que xa mencionei, suxeriría "ángulo de
desprazamento lateral en X" (ou, se cadra, "deformación" ou
"inclinación").

 Saúdos,

 Román

 Referencias:
 [1] https://en.wikipedia.org/wiki/Shear
 [2] https://en.wikipedia.org/wiki/Screen_tearing
 [3] https://en.wikipedia.org/wiki/Shear_mapping
 [4] https://pt.wikipedia.org/wiki/Transforma%C3%A7%C3%A3o_de_cisalhamento
 [5] https://gl.wikipedia.org/wiki/Romboide
 [6] https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=15356&opcion=entrada&entrada=cizallamento
 [7] http://academia.gal/dicionario/-/termo/cisalla


2017-08-27 22:14 GMT+02:00 Marcos Lans <marcoslansgarza at gmail.com>:
>
>
> Ola
> Sabe alguén como se traduciría correctamente:
>
> Shear X
> Shear Y
>
> Pertencen á tradución do Openshot. E na súa páxina explican que
>
> Shear X: Curve representing X shear angle in degrees (-45.0=left,
> 45.0=right)
>
> Tx in advance.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl