[Tradutores-Ubuntu] Loco Team Galego

Anton Meixome meixome at certima.net
Sat Oct 25 03:18:05 UTC 2014


2014-10-24 20:57 GMT+02:00 Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com>:
>
> On 23/10/14 14:07, Anton Meixome wrote:
>>
>> 2014-10-23 14:02 GMT+02:00 Marcos Lans <marcoslansgarza at gmail.com>:
>>>
>>> O Council dos Loco Team a nivel internacional cambiou a política de
>>> Locos para tentar subordinar os Locos a un Loco estatal.
>>>
>>> 1 estado > 1 Loco.
>>>
>>> Despois de desagradábeis rifas na lista de correos co Council,
>>> finalmente veñen de recoñecer o Loco Galego com Loco independente igual
>>> que xa fixeran con catalán.
>>>
>>> Saúdos
>>>
>> Alo oíra. Que disparate!
>>
>> Menos mal. Grazas por informarnos Marcos
>>
>
> Boas!
>
> Por se tedes curiosidade como foi parte da discusión, aquí está a ligazón ao
> fío da lista de "LoCo-contacts"
>
> https://lists.ubuntu.com/archives/loco-contacts/2014-October/006791.html
>
> Apertas,
>    Felipe
>
>

Hum, foi duro pero moi interesante.

E bo final.

P.S. Eu acabei por asociar o concepto de LoCo coa distinción entre de
Comunidade Proxecto Trasno / A.C. Proxecto Trasno non vos parece?

O Council non parece darse conta de que hai estruturas preexistentes
en moitos sitios e moito máis veteranas que o propio Ubuntu para
coordinar actividades e que poderían ser candidatos a ser recoñecidas
como LoCos tamén, por exemplo os Guls para recibiren  os cedeses
deuvedeses. Non só hai estruturas por "etnias" como criticou Marcos,
ou por idiomas que cruzan países senón por obxectivos que utilizan
linguas francas ou son bilingües como en sudamérica - incluso
internacionais - ou por seren xenéricas de software, cultura,
inclusión social, etc. e non teñen Ubuntu como o centro do universo
senón como unha das teclas que tocan. Por algo ningún outro proxecto
de software pretende organizarse así.

Non me podo imaxinar o hipotético LoCo de Novorrusia pedíndolle ao de
Ucraína que lle tramite a excepción.

O mundo é moi complexo e o gran error é tomar a como medida base os
countries, tiñan que partir das comunidades que hai, que son as de
software por un lado e as sociolingüísticas por outro.


>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl



-- 
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list