[Tradutores-Ubuntu] Solicitude de colaboración

Marcos Lans marcoslansgarza at gmail.com
Tue May 14 17:47:00 UTC 2013


Ola

Si, estás están correctas.

Grazas


En 14/05/13 12:47, Leandro Regueiro escribiu:
> 2013/5/14 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>> 2013/5/14 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>
>>
>>> Se botas unha ollada a túa páxina persoal verás que fixen algunha pequena
>>> (moi pequena) corrección.
>>>
>>> Polo que vexo tes un nivel máis que aceptábel para formar parte do equipo,
>>> polo que procedo a activar a túa conta.
>>>
>> Tes que entrar na páxina do equipo galego
>> https://launchpad.net/~lp-l10n-gle  na dereita premer en Join the team
>> para que aparezas no meu interface de
>> administración.
> Creo que a ligazón do equipo sería https://launchpad.net/~lp-l10n-gl e
> a ligazón para unirse sería https://launchpad.net/~lp-l10n-gl/+join
>
> Deica
>
>> <https://launchpad.net/%7Elp-l10n-es/+join>
>>
>>> Aconséllote, se non o estas xa, que te inscribas na lista de Proxecto
>>> Trasno e que procures asistir as Trasnadas e que participes nas discusións
>>> que se abren nos fíos sobre terminoloxía.
>>>
>>> Aconsello tamén que empregues as ferramentas :
>>> http://trobador.trasno.net/
>>> http://terminator.trasno.net/
>>>
>>> E ante dúbida, por parva que pareza, sempre nas listas de Trasno haberá
>>> quen bote unha man. neste caso, no asunto, indica sempre a etiqueta
>>> [Terminoloxía] e a palabra/frase problemática e/ou dubidosa.
>>>
>>>
>>>
>>> 2013/5/12 Marcos Lans <marcoslansgarza at gmail.com>
>>>
>>>> Ola,
>>>>
>>>> Teño colaborado na tradución dos extras de GNOME con Trasno. Tamén
>>>> noutras moitas traducións de launchpad, transifex, etc... Coñezo bastante o
>>>> estilo de tradución de Trasno. Levo traducido ducias de cadeas de Ubuntu
>>>> Help en launchpad para que poidades valorar as miñas traducións. Ubuntu é o
>>>> SO que utilizo na meu computador persoal e desexo colaborar en que este
>>>> proxecto poida ter continuidade.
>>>>
>>>> Estou ao voso dispor.
>>>>
>>>> Saúdos




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list