[Tradutores-Ubuntu] Actualización cara a v 13.04

damufo damufo at gmail.com
Thu Apr 18 14:31:05 UTC 2013


En 18/04/2013 15:14, Leandro Regueiro escribiu:
> 2013/4/18 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>> Visto que (case) ninguén se preocupa da tradución de Ubuntu, aínda que xa
>> declarei o meu nulo interese en seguir coordiando (e traducindo) visto que
>> tiña descendido ata o posto 20 (no que se refire ao «core» de Ubuntu)
>> traballei un chisco e agora xa está no posto 15.
>> http://people.canonical.com/~dpm/stats/ubuntu-12.10-translation-stats.html#
> Ola,
> moitas grazas polo esforzo.
+1

>
>
>> Sería importante que alguén se postulase para facerse cargo, se é que a
>> alguén lle interesa esta distribución, e que lle adique as horas que eu xa
>> non podo adicarlle por ter máis interese noutros proxectos.
> Eu xa adianto que non me postulo. Tampouco teño pensado colaborar de
> forma activa nun futuro próximo debido a problemas de falta de tempo e
> tamén por ter máis interese noutros proxectos.
>
> Deica
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list