[Tradutores-Ubuntu] Actualización cara a v 13.04
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Thu Apr 18 13:14:35 UTC 2013
2013/4/18 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> Visto que (case) ninguén se preocupa da tradución de Ubuntu, aínda que xa
> declarei o meu nulo interese en seguir coordiando (e traducindo) visto que
> tiña descendido ata o posto 20 (no que se refire ao «core» de Ubuntu)
> traballei un chisco e agora xa está no posto 15.
> http://people.canonical.com/~dpm/stats/ubuntu-12.10-translation-stats.html#
Ola,
moitas grazas polo esforzo.
> Sería importante que alguén se postulase para facerse cargo, se é que a
> alguén lle interesa esta distribución, e que lle adique as horas que eu xa
> non podo adicarlle por ter máis interese noutros proxectos.
Eu xa adianto que non me postulo. Tampouco teño pensado colaborar de
forma activa nun futuro próximo debido a problemas de falta de tempo e
tamén por ter máis interese noutros proxectos.
Deica
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list