[Tradutores-Ubuntu] Novo coordinador

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Mon Feb 13 13:42:58 UTC 2012


Grazas, Miguel. Sen dúbida fixeches un boísimo traballo.

Actualmente non traduzo nada en Launchpad ou calquera cousa diretamente 
para Ubuntu, xa que estou centrado en GNOME e nas súa documentación 
(traballo que recolle Ubuntu) co que non son a persoa ideal, nin 
tampouco quero, para tomar o relevo. Aínda así apoiarei fortemente a 
persoa que queira seguir co teu traballo e axudareille en canto poida.

Miguel, agardo que poidamos seguir vendo como completas traducións 
aínda que non sexa dende a coordenación. E moitas grazas de novo!

Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

On Lun 13 Feb 2012 13:42:10 CET, damufo wrote:
> Boas Miguel:
> A min gustaríame que reconsiderases a decisión e continuases.
> En todo caso, súmome aos agradecementos.
>
> En 2012/02/13 13:11, Leandro Regueiro escribiu:
>> 2012/2/11 Román<roman.pena.perez at gmail.com>:
>>> 2012/2/10 Miguel Bouzada<mbouzada at gmail.com>:
>>>> Por razóns puramente persoais, estou a pensar abandonar totalmente as
>>>> traducións. Creo que nesta situación non son o mellor coordinador
>>>> posíbel
>>>> para este equipo, polo que sería bo que discutirades quen pode ser
>>>> o meu
>>>> substituto.
>>>>
>>>> m. Bouzada
>>>>
>>>> -- 
>>>> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
>>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
>>>> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)»
>>>> http://galpon.org
>>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>>> -- 
>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>
>>>   Ola,
>>>
>>>   Para min sería unha verdadeira mágoa. Pase o que pase, quero
>>> agradecer dende aquí o gran traballo que, na miña humilde opinión,
>>> Miguel Bouzada realizou durante todo este tempo. Moitas gracias!
>>>
>>>   En relación ao tema da sucesión, de se dar o caso, supoño que os
>>> membros realmente activos son os que deben optar ao posto, así como
>>> chegaren a un acordo para propoñer un sucesor. En caso de que non
>>> haber consenso, podemos recorrer a sometelo a votación, pero espero
>>> que non faga falta.
>>>
>>>   Máis nada. Esta é a miña postura, dende a miña posición de membro
>>> totalmente inactivo, pero agradecería escoitar a dos que non estean de
>>> acordo.
>> Grazas polo traballo feito. Espero que non sexa un adeus para sempre.
>>
>> Deica
>>
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list