[Tradutores-Ubuntu] Novo coordinador

damufo damufo at gmail.com
Mon Feb 13 12:42:10 UTC 2012


Boas Miguel:
A min gustaríame que reconsiderases a decisión e continuases.
En todo caso, súmome aos agradecementos.

En 2012/02/13 13:11, Leandro Regueiro escribiu:
> 2012/2/11 Román<roman.pena.perez at gmail.com>:
>> 2012/2/10 Miguel Bouzada<mbouzada at gmail.com>:
>>> Por razóns puramente persoais, estou a pensar abandonar totalmente as
>>> traducións. Creo que nesta situación non son o mellor coordinador posíbel
>>> para este equipo, polo que sería bo que discutirades quen pode ser o meu
>>> substituto.
>>>
>>> m. Bouzada
>>>
>>> --
>>> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
>>> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>> --
>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>>   Ola,
>>
>>   Para min sería unha verdadeira mágoa. Pase o que pase, quero
>> agradecer dende aquí o gran traballo que, na miña humilde opinión,
>> Miguel Bouzada realizou durante todo este tempo. Moitas gracias!
>>
>>   En relación ao tema da sucesión, de se dar o caso, supoño que os
>> membros realmente activos son os que deben optar ao posto, así como
>> chegaren a un acordo para propoñer un sucesor. En caso de que non
>> haber consenso, podemos recorrer a sometelo a votación, pero espero
>> que non faga falta.
>>
>>   Máis nada. Esta é a miña postura, dende a miña posición de membro
>> totalmente inactivo, pero agradecería escoitar a dos que non estean de
>> acordo.
> Grazas polo traballo feito. Espero que non sexa un adeus para sempre.
>
> Deica
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list