[Tradutores-Ubuntu] [Terminoloxía] Dash en Unity

Román roman.pena.perez at gmail.com
Mon May 30 16:35:02 UTC 2011


2011/5/30 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> para Dock xa se emprega "doca" , que viría ser unha forma anterior (IMHO) de
> chamarlle a un peirao

 Certo, xa non me lembraba deste termo, moitas gracias ;-). Entón
insisto nos termos Dársena e Peirao.


> tamén teriamos o salpicadeiro→ táboa que levan os carros e coches de cavalos
> para facer de barreira das salpicaduras das bestas

 Mmm, nos meus dicionarios non saía, é bo saber que existe, gracias de novo.


> e para estante tamén temos andel e repisa
>

 Si, a cuestión é que me gustaba máis un termo colectivo ("conxunto de
andeis" ou "estantería") en lugar de "andel" ou "estante".


 Pero, en definitiva, ¿que opinades? ¿gústavos algunha destas propostas?

 Román



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list