[Tradutores-Ubuntu] Fwd: Dash

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Tue May 3 13:44:17 UTC 2011


O Mar, 03-05-2011 ás 15:37 +0200, Antón Méixome escribiu:
> Dash (parece diminutivo de dashboard): taboleiro, panel, cadro de
> control (podemos probar con "pizarra") . Hai que lembrar que tamén
> Mozilla trae o seu "Home Dash"

Aínda que é moi apetecíbel traducilo por panel, non o vexo moi axeitado
e Dash é algo máis que un panel. Niso concordo coas explicacións do
castelán.
Dash => Dash
> 
> Launcher
> Creo que sae automaticamente o de "lanzador" pero sería máis preciso,
> "lanzador de aplicativos" ou por diferenciarse dun ficheiro executable
> usar "lanzadoiro". Por outro lado non é máis ca unha doca de
> lanzadores de aplicativos posta en vertical.
Iniciador (de aplicativos). Tede en conta que o launcher tamén pode
iniciar un documento de texto, ficheiro de imaxe ou son...
> 
> Workspaces
> Creo que está en reconsideración, porque resulta moi complexa a
> tradución para moitas linguas. De feito a nosa "espazos de traballo" é
> bastante pobre. Gustaríame máis algo como "pantallas/escritorio (de
> traballo)"
Non hai volta de folla. 
Workspaces => Espazos de traballo

Se tes configurado multimonitor a que lle chamas pantallas e a que lle
chamas espazo de traballo. Fai analoxía dun escritorio non-virtual de
traballo e verás a que están tendendo as interfaces de traballo actuais.
Tarefas relacionadas => Mesmo espazo de traballo 

Saúdos




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list