[Tradutores-Ubuntu] Novas slideshows de Ubuntu 10.10

damufo damufo at gmail.com
Mon Sep 20 12:04:16 BST 2010



En 2010/09/20 09:56, Fran Dieguez escribiu:
>
>>
>> Neste caso non é obrigatoria e tal como indica Fran hai tendencia a non
>> facer as contraccións que son facultativas.
>> http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_Pronomes#Contracci.C3.B3ns
>>
>
> Grazas Damufo,
>
> botácheslle unha ollada ás traducións? Non vaia ser que haxa erros ...

Aí van algunhas cousas a maioría de estilo:

Configuración de idioma ->Configuración do idioma?
Centro de software de Ubuntu.->Centro de Software de Ubuntu.(aparece dos 
dous xeitos, eu prefiro Software con maiúsculas)
Correo do Evolution->Correo Evolution

Vexa, almacene e edite as súas fotos-> O editar refírese a publicar ou a 
modificar??? Non o teño claro, para mín o uso de editar é ambiguo 
precisamente por comezar a usalo como modificar(este significado no 
existe/ía antes de que se comezase a usar como falso amigo).

Esta versión trae algúns cambios incríbeis -> cambios por: 
variacións/melloras

Isto sóame mal:
Compre a música mentres a escoita-> Merque (Compre) a música mentres 
está a escoitala.

Esta versión será mantida por dezaoito meses, até abril do 2012->falta o 
punto do final.


En lubuntu:

Pode crear e editar documentos como follas de cálculo ou cartas.
por:
Pode crear e modificar documentos como follas de cálculo ou cartas.




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list