[Tradutores-Ubuntu] Xa chega o novo instalador para a Maverick

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Sat Sep 18 00:57:38 BST 2010


Ola rapaces,

se seguides as novas referentes a Ubuntu saberedes que haberá un novo
instalador con novas diapositivas. Tendo en conta que o lanzamento desta
versión vaise adiantar ao 10 do 10 do 10 sería conveniente telas
revisadas canto antes.

Polo momento están agardando en launchpad que alguén do core as aprobe
para que poidamos traducilas. 
https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/maverick/+source/ubiquity-slideshow-ubuntu/+imports?field.filter_status=all&field.filter_extension=pot
Xa aviso por aquí do que sexa, de todas preciso axuda de lingüístas para
revisar isto xa que é a presentación de Ubuntu e moita xente pode vela.

Saúdos

-- 
Enviado desde Ubuntu




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list