[Tradutores-Ubuntu] Cambio de shell para a 11.04

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Sat Oct 30 03:22:38 BST 2010


Veletas! Iso é o que son...

Realmente esta é unha vantaxe do Soft Libre, cada un pode facer unha
distro segundo as súas preferencias. Que vale que cambiar un aplicativo
por outro pode resultar importante (Banshee vs Rhythmbox) sobre todo en
temas de tecnoloxías subxacentes, vantaxes de uns sobre outros e demais
argumentos que se poidan discutir.

Porén, isto do "onde dixen Digo digo Diego" é un pouco desalentador.
Agora seica voltamos a GNOME Shell en detrimento de Unity. Non me fio
moito  da fonte pero veremolo manha nos RSS.

http://algoritmizando.com/2010/10/29/ubuntu-11-04-ainda-usara-gnome/


-- 
Fran Dieguez
Coordinator of Galician translators team of GNOME and Ubuntu
Trasno Association (www.trasno.net) 

O Ven, 29-10-2010 ás 19:38 +0200, Antón Méixome escribiu:
> Outra na mesma liña.
> 
> http://www.omgubuntu.co.uk/2010/10/banshee-becomes-ubuntu-11-04-default-music-player/
> 
> Banshee é un aplicativo de Novel. Recóllese como extra en Gnome. Agora
> pasa a ser predeterminado en Ubuntu. Non é un reprodutor de música
> como Rtythmbox senón multimedia e promociona a Last.fm que é de pago.
> Bótanlle a culpa aos desenvolvedores...os desenvolvedores son os
> malos? ... ou é Canonical a responsable?
> 
> Votos da xente:
> 
> Banshee 48.63% (1,899 votes)
> Rhythmbox 51.37% (2,006 votes)
> 
> 
> 
> 2010/10/27 damufo <damufo at gmail.com>:
> > Boas
> >
> > En 2010/10/27 12:11, Anton Meixome escribiu:
> >> 2010/10/27 damufo<damufo at gmail.com>:
> >>>
> >>>
> >>> En 2010/10/27 10:16, Fran Dieguez escribiu:
> >>>> Cambio ningún, hoxe en día Unity está traducido ao galego e é Software
> >>>> Libre.
> >>>>
> >>>> Que cambien a Unity non supón máis que cambiar un aplicativo de GNOME
> >>>> (GNOME Shell), o resto de aplicativos forman parte de GNOME.
> >>>>
> >>>> A min este cambio de paradigma nas interfaces de usuario non me convence
> >>>> nada, ademais de ser moi moi arriscado. Conste que non me sinto cómodo
> >>>> tanto co cambio de paradigma de Unity como co de GNOME Shell.
> >>>>
> >>>> Cicais o que poida supoñer a killer feature sexa a integración total con
> >>>> Zeitgeist tanto de Unity como de GNOME Shell.
> >>>>
> >>>> Veremos como avanzan os acontecementos e como nos adaptamos a este
> >>>> cambio tan grande no noso escritorio. Quero entender que en 2 anos
> >>>> estaremos preguntándonos como puidemos traballar na interface que temos
> >>>> hoxe en día...
> >>>>
> >>>> Saúdos
> >>>
> >>> E isto cando está a piques de saír o Gnome 3.0!!
> >>> Non entendo esta decisión.
> >>> En fin...
> >>>
> >>
> >> Máis que o feito en si, a min o que me preocupa é que esteamos
> >> expostos a decisións estratéxicas nas que non temos peso ningún. Non
> >> falo de usuarios, falo da comunidade de tradutores de Ubuntu (xa sei
> >> que permanece a opción de elixir escritorio para o usuario). Por
> >> exemplo iso chafa iniciativas como o desenvolvemento de manuais de
> >> instalación, ou a solidez dun proceso de migración institucional ou de
> >> difusión social, por exemplo. Compensa?
> >>
> >> Poño outro exemplo: Ubuntu cambia OOo.org por Libreoffice sen
> >> preguntar nada, a ninguén, e iso, aínda que nese caso sexa unha
> >> decisión de caixón, ten que ser asumido así, como feito consumado
> >> unilateral. Hai moitas razóns para apoiar ese cambio en Ubuntu... por
> >> que non se informa delas? Por que se actúa polas bravas sen intentar
> >> sequera un convencemento, unha dirección racional? Non me molesta que
> >> Canonical teña a iniciativa pero si me molesta a desconsideración
> >> sobre o traballo voluntario... como se fósemos empregados ou súbditos.
> >>
> >> Sinto que así resulta difícil crer que podemos controlar o esforzo
> >> estratéxico da comunidade galega de priorización dun escritorio, o de
> >> Ubuntu, por ser o máis accesible. O único positivo é que se anuncia
> >> (daquela maneira) con bastante tempo de anticipación. Ao mellor hai
> >> que repensar dirección de traballo.
> >>
> >> Gustaríame ver as vosas ideas neste sentido.
> >>
> >> Antón
> >>
> > Boas:
> >
> > En xeral concordo.
> >
> > Penso que hai que darlle unha oportunidade a Libreoffice pero vexo
> > prematuro que ubuntu xa o leve na seguinte versión, certo que non é unha
> > LTS aínda así penso que tería que ter esperado máis e falado o tema co
> > voluntariado.
> >
> > Non sei se algunha vez se debateu ou falou o de centrarse ou non nunha
> > distribución. Nin sei se é/sería bo facelo agora.
> >
> > Por outra banda eu separaría mundo empresarial/educación de particulares.
> >
> > Un quere máis estabilidade que outro e polo tanto poida que
> > distribucións distintas, ou non, xa que para iso están as LTS.
> >
> > Sinto non ter ideas.
> >
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> 




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list