[Tradutores-Ubuntu] Erro na tradución de Brasero
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Thu May 13 12:37:06 BST 2010
2010/5/13 Fran Diéguez <listas at mabishu.com>:
> Visto o visto, xa onte comecei unha re-re-re-revisión de GNOME esta vez
> (e grazas ás melloras no Gtranslator 1.9.11) tendo en conta traducións
> en outros idiomas e revisando liña a liña.
>
> Dinme de conta que isto vai levar máis tempo do que pensaba xa que nos
> ficheiros que levo (4 aplicativos) con unhas 500 liñas tiven que cambiar
> unhas cantas en concreto:
>
> Mércores, Maio 12, 10:31 AM
> Core - pessulus: 8 launchpad, corrección completa (12 cambios)
> Core - sabayon: corrección total (86 correccións)
> Core - devhelp: corrección total (24 correcións)
> Core - gdl: corrección total (42 correccións)
> Core - at-spi: corrección total (2 correcións)
>
> Eu agora estou levando un seguimento de todo o traballo que estou
> facendo, digamos como se ao final fora cobrar e tivera que render
> contas. Así podo contabilizar o traballo feito e levar un historial da
> tradución no tempo.
>
> Como vedes arriba hai mooooitos cambios, e debido a que os días só teñen
> 24 horas precisaría de alguén que me puidera botar unha man en GNOME iso
> si que fixera as mesmas anotacións que fago arriba e mas remitira. As
> correccións de arriba non son por erro directamente senón tamén
> refraseado por ver que no francés ou español tiñan solucións a
> traducións máis elegantes.
>
> Alguén se anima? Pensade que Ubuntu se ve beneficiado directamente...
>
> Por outra banda insisto que todas as ligazóns que se poñen para que
> solucionen bugs en GNOME deberían estar nunha páxina web centralizada
> (WIKI?) porque na rolda pode ser que se escape algunha ao facer
> revisión, e sobre todo porque como estou revisando non vou solucionando
> segundo enviades á rolda.
Isto do erros penso que precisa unha ferramenta máis avanzada que unha
wiki. A ver se integran algo como isto no Launchpad, no Pootle, no
Tran sifex...
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list