[Tradutores-Ubuntu] Erros en Lucid

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Mon May 10 14:20:25 BST 2010


>>> De todas formas, tes centos de cousas para corrixir, moitas "búsqueda" e
>>> cousas como "a(s) canle(s)" etc...
>>
>> Por iso, o interesante é ter unha páxina común onde listar os erros e ir
>> corrixindo aos poucos
>
> Non sei se tería moito sentido, ou incluso se sería moi usable... pero
> unha posibilidade podería ser a de rexistrar a "tradución ao galego"
> como un proxecto en Launchpad (ademais de como grupo), e utilizar
> "Launchpad Bugs" para isto.

Na wiki de Trasno habia unha páxina para isto, pero non creo que sexa
usable para varias persoas á vez. O ideal sería poder ir marcando as
traducións como erróneas no propio Launchpad e que se avise
automaticamente a un certo grupo de tradutores entre os que estarían
polo menos os que tocaron dita tradución... incluso estaría ben ver
unha lista dos erros comunicados e ter unha especie de interface para
xestionalas e ver se se corrixiron, se se consideraron falsos avisos,
se non se tocaron... pero para isto haberialles que ir chorar.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list