[Tradutores-Ubuntu] [Terminoloxía] enable/disabled activated/deactivated
Román
roman.pena.perez at gmail.com
Mon May 10 12:18:39 BST 2010
2010/5/10 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
> 2010/5/10 Román <roman.pena.perez at gmail.com>:
>> 2010/5/6 Antón Méixome <certima at certima.net>:
>>> 2010/5/6 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>
>>>
>>>> >>>> Teño este grupo de liñas:
>>>> >>>>
>>>> >>>> The Outgoing firewall is being activated. Please hold...
>>>> >>>>
>>>> >>>> The Outgoing firewall is being deactivated. Please hold...
>>>> >>>>
>>>> >>>> The Outgoing firewall is being disabled. Please hold...
>>>> >>>>
>>>> >>>>
>>>> >>>> The VPN firewall is being deactivated. Please hold...
>>>> >>>>
>>>> >>>> The VPN firewall is being disabled. Please hold...
>>>> >>>>
>>>> >>>>
>>>> >>>> The Inter-Zone firewall is being activated. Please hold...
>>>> >>>>
>>>> >>>> The Inter-Zone firewall is being deactivated. Please hold...
>>>> >>>>
>>>> >>>> Enable Inter-Zone firewall
>>>> >>>>
>>>> >>>> The Inter-Zone firewall is being disabled. Please hold...
>>>> >>>>
>>>> >>>>
>>>> >>>> activated e deactivated está claro que é des/activado, tal e como
>>>> temos
>>>> >>>> acordado, pero o enable/disabled?
>>>> >>>> Hai algunha suxestión?
>>>> >>>
>>>> >>> Penso que tamén se pode traducir por activar/desactivar ou tamén por
>>>> >>> des/habilitar
>>>> >>
>>>> >> Eu case sempre o vin traducido así, coma "habilitar/inhabilitar"
>>>> >> -ollo, en Galego ou Castelán non existe deshabilitar, creo-. Tanto en
>>>> >> textos de informática coma de electrónica, etc.
>>>> >
>>>> > Tes razón "deshabilitar" é incorrecto nas dúas linguas.
>>>>
>>>> Pois ata agora estabamos supoñendo que "enable" era o mesmo que
>>>> "activate". Realmente que fai cada opción desas, é dicir, cal é a
>>>> diferencia?
>>>>
>>>
>>> Asi, sen investigar moito eu diría de
>>>
>>> disable > desarmar
>>> enable > armar
>>>
>>> Enténdase «armar» no sentido de "armar un moble" por exemplo. Tamén valería
>>> «montar/desmontar» pero esa parella xa a temos especializada para
>>> «mount/unmount».
>>> Non vexo a necesidade de cambiar o estándar de tradución neste sentido. En
>>> xeral, ambos valores son equivalentes, quitando casos excepcionais coma
>>> este. Entendo que falamos de buscar unha saída a unha tradución onde xogan
>>> matices superespecializados.
>>>
>>>
>>
>> Concordo. Na versión orixinal, non vexo unha razón clara pola que
>> unha acción deba ser "enable" e a outra "activate", e non á inversa,
>> por exemplo. Polo tanto, neste caso eu traduciría a primeira coma
>> "habilitar" e a segunda coma "activar", e seguiría usando o estándar
>> de tradución acordado, que penso que é adecuado.
>
> Perdoa a pregunta, pero a que te refires con primeira e segunda?
>
Faltaría máis ;-). A "primeira" sería "enable" -que traduciría por
"habilitar"-, e a segunda "activate" -que traduciría por "activar"-
(ver 2ª liña da miña resposta).
Espero ter resolto as dúbidas. Saúdos,
Román
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list