[Tradutores-Ubuntu] Non se pode descargar o manual en galego

damufo damufo at gmail.com
Mon May 3 14:11:58 BST 2010



En 2010/05/03 14:45, Leandro Regueiro escribiu:
>> Por certo, acabo de subir a nova versión revisada até a páxina 66. Se
>> queredes podedes imprimir un tema de contra adiante para revisar A FONDO
>> e enviando as grallas a esta rolda.
>>
>> Sobra dicir que se queredes colaborar avisar por aquí para non solapar
>> traballo.
>
> Pois eu baixei a versión da ligazón que pasaches e revisei ata a 10 e
> atopei os seguintes erros/dúbidas:
>
> pax 7   "gúia" en vez de "guía"
>          "bantu" ou "bantú"??
>          "comunidade de xente que traballan"???
> pax 8   "contribuidores"
>          "suráfrica"??
>          "capítulo "aprender máis""?? igual mellor "obter máis información"...
>          "Baseado no sistema Debian, Shuttleworth comezou a darlle
> forma ao Ubuntu." quizais mellor "baseándose"
>          "máis popular baseado en Debian" quizais mellor antes o de
> baseada e despois o de máis popular
>          "adicionalmente"?
>          "reemprazaron" (aparece nun texto lateral)
>          "sistemas operantes" (aparece nun texto lateral)
>          "qué é Linux"
> pax 9   "seguranza e compatibilidade" quizais poñer un "a" antes de
> compatibilidade
>          "e que é" ->  "é que é"
>          "até"(múltiples veces)
Eu son dos que lle gusta máis até, aínda que supoño que é cousa de estilo.
>          "para saber máis do Centro", "para aprender máis" ->  "para
> obter máis información sobre o Centro" (aparece nun texto lateral)
>          "para familiarizarse en como"??
>          "de forma alternativa"?? =>  "outra opción é"
> pax 10  "adican"?
>          "letra grosa"??
Que ben soa iso!, para min moito mellor que negra. Por desgraza penso 
que isto aínda está sen acordo.
>          "monoespazado"?
>          "pode omitir este capítulo" =>  "saltar" (aparece nun texto lateral)
>
>
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list