[Tradutores-Ubuntu] Ubuntu Bug Day centrado en localización
Fran Diéguez
listas at mabishu.com
Tue Mar 23 09:15:21 GMT 2010
Ola rapaces,
dentro de dous días é o Ubuntu bug day centrado na localización,
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuBugDay/Planning
para iso debemos reportar bugs cara o noso grupo e logo ilos solucionando. O máis importante é recoller o máximo número de bugs.
Un dos exemplos máis bos é o que reportou Keko onte, con capturas e explicacións, pero débense enviar como bugs en launchpad ( https://bugs.edge.launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl ) e logo informar nesta rolda de que existen ditos bugs, senón non queda constancia.
No caso de ser un aplicativo de GNOME solicito, se non vos importa claro, que mo comuniquedes así podo solucionalo tamén en mainstream e todalas distros poden ter tamén ditas solucións.
Na medida das miñas posibilidades laborais, o xoves estarei en #ubuntu-bugs e #ubuntu-translators no IRC de irc.ubuntu.com.
Saúdos
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list