[Tradutores-Ubuntu] Erros atopados en Ubuntu
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Mon Mar 22 17:07:13 GMT 2010
2010/3/22 Enrique Estévez Fernández <eu at keko.me>:
> Boas anexo unha serie de erros atopados en Ubuntu.
>
> Na captura de pantalla: Corrixir_tradución_f-spot.png, a cadea "Acaba
> de inserir un soporte con fotos dixitais". Non debería ser soporte,
> senón medio, se non recordo mal un fío de discusión no que se falaba
> de que soporte tiña unha serie de acepcións e cando se refería
> concretamente a soporte dixital, debería ser medio.
Non lembro tal. Eu sempre pensei que era ao revés.
> Na captura de pantalla: ficar_xestor_actualización.png. A cadea "O
> sistema está a ficar sen batería". Non sei se é correcto de todo a
> tradución ficar, eu poría quedar, pero vos diredes.
Eu poría "A batería estase esgotando."
> Na captura Posíbel-fallo-Ubuntu-Tweak.png. Creo que a cada que se va
> na imaxe, xusto onde está o punteiro do rato, "Asegura que as alarmas
> postas en Evolution se apaquen o momento axeitado". Paréceme ler que
> pon "apaquen" e debería ser "apaguen", na interpretación que fago eu
> da mensaxe.
As alarmas desactívanse, non?
> Na captura de pantalla software_propertities.png. Esta xanela saíu
> cando engadín unha fonte de software, cando pechas o aplicativo se hai
> cambios nos repositorios sae esa xanela. En si non hai fallo pero si
> unha desviación respecto ao estilo que se está a empregar. Aparece
> dispoñible e debería aparecer dispoñíbel.
>
> Na pantalla Upgrade_lucid.png. En si fallo tampouco hai, pero pódedes
> comprobar que no queda ben o que di.
>
> Eliminaranse ... Instalaranse ... Anovaranse ...
>
> Ou debería ir en diferentes liñas ou deberían ir en minúsculas e
> separadas por comas e a última pola conxunción "e". Non sei se pode,
> pero quedaría mellor como mensaxe informativa para o usuario.
Tes razón. Por outra parte isto de "Eliminaranse" sempre tendo a
poñelo como "Vanse eliminar" e sempre tiven a dúbida de se era
correcto, e incluso de era aceptable.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list