[Tradutores-Ubuntu] Estado de Ubuntu
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Tue Mar 16 10:16:52 GMT 2010
2010/3/15 Anton Méixome <meixome at certima.net>:
> 2010/3/15 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>:
>>
>>>> Impresionante rapaces. Estamos a menos dun punto porcentual
>>>> (exactamente 0,46 %)
>> Incríbel
>>>>
>>>> Catalan tradución consolidada 62.44% sen traducir 124354
>>>> Galician tradución consolidada 54.15% sen traducir 125971
>>>>
>> E que significa consolidada?
>
> É o que interpreto eu :-P cando a lista di "unchanged". Entendo que se
> unha cadea non cambia no orixinal coa nova edición de Ubuntu, a
> tradución realizada no seu momento mantense. Por iso lle chamo
> consolidada
>
>>
>>>> conseguilo agora. En calquera caso, ninguén nos quita estar de modo
>>>> confortable entre os 20 equipos máis completos e con 4 ou 5 tradutores
>>>> máis que podamos convocar, poderiamos aspirar incluso a máis.
>> Iso sen dúbida
>>
>>> Veredes que kde está moi destartalado, pero os tradutores de kde non ven ben
>>> facer corrección en launchpad :( eu, de cando en vez, reviso algún e
>>> completei todo amarok, os tres ou catro ficheiros implicados que enviei a
>>> branco, (hai uns dias apareceron cadeas novas e estou con elas) e algunha
>>> que outra cousa como os dous de digikam do que xa enviei os .po a branco
>>>
>>> e despois, xa case rematei o gutenprint (faltanme duas liñas de a folio e
>>> medio cada unha :( e sito está co xscreensaver
>> Boa elección, entre os dous coido que andan sobre as 5000 cadeas e pode
>> ser un bo pulo
>>> É o problema de traducir en trunk, creo que non paga a pena,
>>> a non ser que sexan proxectos moi especiais...
>>
>> Perdoade a insistencia pero sempre vale a pena traducir en trunk,
>> SEEEMPRE :P
>
> Non o dubido pero polo que di Bouzada alguén de KDE podería mirar un
> chisco de como van en launchpad, seria o propio. Naturalmente cada un
> fai o que pode.
>
>>
>> Pola miña parte sigo mantendo o "suposto" string-breeze en GNOME, que
>> non o estan cumplindo para nada os desenvolvedores, e todas os días hai
>> novas cadeas...
>
> É tradición de Gnome
>
> E ademáis estou co Ubuntu Manual
>> (https://launchpad.net/ubuntu-manual) que como podedes ver estamos de
>> segundos!!
>> https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu-manual
>>
>
> Moi ben
>
> Pola miña parte estou dubidoso entre meterlle o dente en serio ao
> Calibre, que me tira moito, ou ir a por cousas que me sorprende como
> están, por exemplo o servidor de impresión Cups, tan famoso el (e aí
> aínda dubido de se traducir augas arriba ou facelo en Launchpad para
> logo envialo).
Traduce augas arriba e despois envíao ao Launchpad completando o que falte.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list