[Tradutores-Ubuntu] Seccións sen traducir en Ubuntu Lucid alfa 2

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Wed Mar 3 21:29:45 GMT 2010


2010/3/3 suso <suso.baleato at gmail.com>

> Miguel Bouzada escrebeu:
> >
> > O de FF é para darlle de comer aparte, menuda cousa noxenta fixeron con
> el,
> > ademáis de estar traducido a algo que podería ser galego á portuguesa,
> > retoman cousas como "plugin", "soporte técnico", mesturan na mesma liña,
> > explorador e navegador, mesaxe en masculino,  ...
> >
> > A ver se Keko remata a tradución (se non da feito que pida axuda) e
> ademáis
> > facemos un .xpi para quen queira telo en galego no canto de en castrapo
> > aportuguesado.
> >
>
> Tal como se sinala no Código de Conducta de Ubuntu [1], debemos ser
> respeitosos co traballo dos demais e fomentar a colaboración entre
> proxectos, dentro e fora de Ubuntu, evitando as confrontacións persoais.
>
> Pídenme en correo privado que, como coordenador oficial da galeguización
> de Mozilla, resposte a esta mensaxe pedindo respeito para o noso traballo
> -que é tan falibel como o dos demais- e ofrecendo toda a colaboración por
> parte nosa para resolver calquera posibel incidencia.
>

Todos os que me coñecen saben ben que eu nunca fun dos "poiliticamente
correctos", pero se vos prace que pida desculpas por dicilo en público,
pidovos que me desculpedes.


> Queda feito pois ese ofrecemento á colaboración, que de feito vou extender
> ofrecendo mesmo a coordenación oficial da equipa de galeguización de
> Mozilla pois, como algúns saberedes, veño de propoñer ser relevado dise rol
> por outra persona[2]. Esto non só vos permitiría integrar no binario
> oficial
> os cambios precisos mais tamén sería un xeito positivo de tornar
> construtiva
> esa crítica destrutiva que só consigue enfrentar e dividir a unha
> comunidade
> que debería permanecer sempre unida.
>
> Convido pois ao remitente desa mensaxe, a Keko así como a calquera outra
> persona que quixera asumir a coordenación da galeguización de Mozilla a
> candidatarse con só avisar na rolda oficial: galician at mozdev.org
>

Esta non é a lista apropiada para que fagas ese ofrecemento. Hai outra (da
que te diches de baixa nai poucos días) que sería a máis apropiada, xa que
nela está a xente que "sempre" traballou en Mozilla.


>
> Saúdos,
>
> [1] http://www.ubuntu.com/community/conduct
> [2] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html
>
> --
> http://susinho.pagina.de/
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list