[Tradutores-Ubuntu] pestana ??
damufo
damufo at gmail.com
Fri Jun 4 14:17:33 BST 2010
Boas:
Sobre separador.
Actualmente se non me erro:
- Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar vairas
partes dentro dunha interface.
- Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de navegación
- separador: lingüeta
Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están
dispoñibles para este uso?
Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación
desta escolla.
En 2010/06/04 14:33, Leandro Regueiro escribiu:
> 2010/6/4 daniel de vega `danDDv77´<danddv77 at gmail.com>:
>> Lembro ver o termo 'aba' no Firefox, que ten a traducción actual como
>> 'separador'. ¿Pasou ó desterro o termo? ...simplemente, é que o botaba en
>> falla.
>>
>> *abas**.f. 1. Parte inferior de certas pezas do vestiario (saias, mandís,
>> hábitos, etc.) que cae solta desde a cintura para abaixo. As mulleres
>> recollían nas abas as mazás que lles botaban das árbores. SIN. faldra. 2.
>> Parte do sombreiro que está arredor da copa. Este sombreiro de aba larga é
>> bo para protexerse do sol. 3. Parte inferior dun monte. Había moitas casiñas
>> espalladas pola aba da montaña. SIN. faldra, pé. CF. ladeira. 4. Parte
>> suplementaria dunha mesa, que se levanta cando se desexa aumenta-la súa
>> superficie. Recolle a aba.*
>
> SI, hai tempo que "aba" non se usa, e nunca se usou de forma masiva,
> polo menos non tanto como "lapela", "lingüeta" ou "separador".
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list