[Tradutores-Ubuntu] Testing das isos de versións beta de Ubuntu Maverick

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Wed Aug 25 18:48:19 BST 2010


Ola rapaces,

xa que estamos a 2 meses de que saia a nova versión de Ubuntu coido que
hai que sentar as bases de como imos comprobar as betas de Ubuntu
Maverick e sucesivas versións

Estiven estudando as formas de facelo e logo lembrei algún scriptinho
que teño por aí que pódenos axudar nestas tarefas de informe de erros.
Polo que aquí vai a miña proposta de procedemento de remisión de erros.

Remisión de erros ao Galician Ubuntu Translators.
'''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''

0.- Actualización do sistema
Xa que son betas pode ser que non teñamos a última versión do sistema
instalada polo que procederemos a actualizalo desde unha terminal:
sudo aptitude update; sudo aptitude upgrade; sudo aptitude dist-upgrade

1.- Detección do erro e recolleita de información
Unha vez detectado o Erro ou cadea sen traducir no Ubuntu comezaremos a
busca de información do mesmo, isto é, saber en que paquetes está o
erro, contexto do mesmo e demais.

1.1.- Paquete(s) afectados polo erro
A forma máis sinxela de comprobar onde está un erro é empregando o meu
programa «lase». Este programa busca no sistema cadeas orixinais e
traducidas e abre a páxina de launchpad correspondente para dito
paquete.
Para a súa instalación procederemos como segue desde unha Terminal
(Aplicativos->Accesorios->Terminal):

sudo add-apt-repository ppa:frandieguez/mabishu
sudo aptitude update; sudo aptitude install lase

Unha vez instalado podemos usalo da seguinte forma (desde unha
terminal):

lase "Cadea con erro ou non está traducida"

Isto abriranos o noso navegador favorito coa busca do erro en Laucnhpad.

1.2- Información do sistema.
Cómpre recoller información como:
 - hora do sistema: orde «date»
 - versión do sistema: orde «lsb_release -a»

2.- Informar do erro ao Grupo de localización
Enviar un correo electrónico a esta rolda de distribución
(ubuntu-gl-list at ubuntu.com) seguindo un modelo semellante ao seguinte:

----------------------------------------------------------------------
Asunto: [L10N-BUG] Erro de tradución no paquete «nome do paquete»
Corpo da mensaxe:
Encontrei un erro na versión de Ubuntu 
PEGAR AQUÍ O QUE NOS ESCRIBA A ORDE «lsb_release -d»
neste intre son as 
PEGAR AQUÍ O QUE NOS ESCRIBA A ORDE «date»
segundo podedes ver na seguinte ligazón de launchpad.
PEGAR AQUÍ TODAS AS LIGAZÓNS ABERTAS EN FIREFOX POLA ORDE «lase»
[...]

ENGADE AQUÍ UNHA DESCRICIÓN DO ERRO PARA QUE TODOS O POIDAN ENTENDER,
NON É NECESARIA SE É UN ERRO MOI EVIDENTE.

Saúdos
----------------------------------------------------------------------


E con isto coido que todos poderemos corrixir mellor os erros de
localización sen ter que recurrir a apertura de bugs en launchpad.

Por suposto este procedemento está suxeito a modificacións e melloras.
Por favor, enviade suxestións a esta rolda e se procede podemos marcalo
como un procedemento estándar dentro do grupo e escribilo na wiki do
grupo.

Saúdos a tod at s




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list