[Tradutores-Ubuntu] Erro en Rythmbox
Enrique Estévez Fernández
eu at keko.me
Tue Apr 27 09:10:03 BST 2010
Ola.
Hoxe facendo comprobacións para o Manual de Ubuntu, atopei o seguinte
erro no Reprodutor de filmes. Se vos fixades na captura que anexo,
aparece Reprodutor mal escrito, está con c. Concretamente na xanela de
preferencias. Para ir a ela hai que ir a barra de menú Edición ->
Preferencias. Aquí tamén deberíamos mirar se está correcto o de
Edición. Creo que xa se tivo algunha vez esta discusión, pero se no
resto de programas aparece Editar, aquí tamén debería aparecer, por
manter homoxeneidade. Cando imparto cursos sobre Ubuntu, OpenOffice,
conto o mesmo, que na barra de menú, hai unha opción Preferencias na
que o usuario pode personalizar a configuración do aplicativo. E
sempre o mesmo, para case todos os aplicativos, Editar ->
Preferencias.
Concretamente, tamén na barra de menú, En Axuda -> Sobre, a xanela que
se abre, leva por título Acerca de, e debería ser Sobre xa que no menú
leva Sobre e estase aplicando o criterio de About -- Sobre, aínda que
todo o mundo non está de acordo, pero deberíamos manter unha
coherencia, digo eu.
Veña, un saúdo.
-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: Captura-de-pantalla-Reprodutor de m?sica.png
Type: image/png
Size: 101935 bytes
Desc: not available
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20100427/25fbffa2/attachment-0001.png
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list