[Tradutores-Ubuntu] Tradución da frase "Long Term Support"
daniel de vega `danDDv77´
danddv77 at gmail.com
Mon Apr 26 22:40:52 BST 2010
Permítome suxestionar, algo que me soa do máis natural do mundo:
--> LTS versión con *asistencia alongada.*
2010/4/26 Anton Méixome <meixome at certima.net>
> 2010/4/26 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
> > 2010/4/26 Román <roman.pena.perez at gmail.com>:
> >> 2010/4/26 Anton Méixome <meixome at certima.net>:
> >>> 2010/4/26 Román <roman.pena.perez at gmail.com>:
> >>>> 2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> >>>>> 2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> >>>>>> 2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> >>>>>>> Se entendemos LTS (Long Term Support) como un termo de "marketing"
> >>>>>>> referente a "Máis estábel e asistida durante máis tempo" (cousa que
> >>>>>>> considero moi axeitada) poderíamos tentar alcuñar unha expresión e
> o
> >>>>>>> seu acrónimo, que reflectise esa idea.
> >>>>>>>
> >>>>>>> Iniciamos unha "brainstorming" :-)
> >>>>>>>
> >>>>>> Versión Consolidada
> >>>>>> Edición Consolidada
> >>>>>>
> >>>>>> consolidar
> >>>>>> v t Facer máis sólida, firme ou estable algunha cousa.
> >>>>>> v pron Adquirir alguén ou algo solidez, firmeza ou estabilidade.
> >>>>>>
> >>>>>
> >>>>> _V_ersión _C_onsolidada a _L_ongo _Prazo_
> >>>>>
> >>>>> --
> >>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>>>
> >>>>
> >>>> Que tal "Asistencia de Duración Estendida"?, ou, para evitar a
> >>>> "colisión" de significados da palabra "estendida", que vos parece
> >>>> "Asistencia de Duración Prolongada"?
> >>>>
> >>>> --
> >>>> Román
> >>>>
> >>>
> >>> Outra idea, outro enfoque
> >>>
> >>> versión LTS (de Longo Termo en Servizo)
> >>>
> >>
> >> Gústame a idea de reutiliza-lo acrónimo inglés, pero a frase soa un
> >> pouco forzada, NMHO.
> >> ¿Que tal "Longo Tempo en/de Servizo"? Tampouco me termina de
> >> convencer, pero vouna deixar caer, xunto con algunhas alternativas
> >> máis que se me ocorren. Non son moi boas, pero igual consigo inspirar
> >> a alguén e damos cunha que provoque o consenso ;-)
> >> Serían estas (volvo incluí-la primeira proposta):
> >>
> >> Longo Tempo de Servizo
> >> Lonxevo en Termos de Servizo
> >> Lonxevidade nos Traballos de Sostemento
> >> Laborado por Tempo Sostido (mmm, polo visto, laborar non é normativo
> >> -e labrar, para este caso, non cadra-)
> >> Lonxitude Temporal Superior
> >> (Ou calquera combinación ou variación destes termos)
> >
> > Eu son máis da idea de traducilo de forma que se entenda, e manter o
> > de LTS, pero sen obrigar a que a tradución conste de tres palabras que
> > comecen por ditas letras.
> >
>
> Así?
>
> versión de Longo Tempo de Servizo (...ou Seguimento)
> de deLongado Tempo de Servizo (DTS ou LTS, segundo a sigla
> propia ou impropia)
> de proLongado Tempo de Servizo (PTS ou LTS, idem)
> de proLongado Tempo de aSistencia (PTA ou LTS, viceversa)
>
> versión con servizo de asistencia a longo prazo (ALP)
> seguimento de longo tempo (SLT)
> longo tempo de seguimento (LTS)
>
> O que non me gusta de "Longo Tempo de Sostemento" é a idea de asociar
> support > sostemento
>
> Nese sentido adaptalo como "servizo" (estilo "software as as service,
> SaaS") funciona mellor ou como "seguimento". Ese tipo de siglas
> impropias só duran un certo tempo en vigor. Véxase SAP (application
> service provider). Por iso creo que unha sigla orixinal non tería
> opcións de establecerse. Penso por exemplo no caso de LP (long play,
> longa duración... LD ??). Inventar unha sigla é algo moi arriscado e
> pouco probable que se adopte, pensade en PMF, COMOS, etc fronte á
> OTAN, UNESCO... son de outra dimensión do idioma.
>
> Respecto de longo, é difícil encontrar saída: largura, largueza,
> larganza, longura, longamente... extensa, duradoira... non o vexo.
> Longo vale tanto para espazo coma para o tempo (ars longae, vitae
> brevis, dicían os latinos): ao longo vida pasoulle de todo, longo
> período vacacional, etc.
>
> Definitivamente,
>
> Tendo en conta que LTS forma parte do nome, e que en galego o
> desenvolvemento destas siglas DEBE facerse en minúsculas, opto por
>
> Ubuntu 10.04 LTS «Lucid Lynx», como o seu nome indica é unha versión
> con LONGO TEMPO DE SEGUIMENTO (Long Term Support ou LTS, polas súas
> siglas en inglés )
> Unha versión LTS (con longo tempo de seguimentot) ofrece 3 anos de
> asistencia para a versión de escritorio, e 5 anos para a versión de
> servidor, a partir da data de publicación.
>
> Creo que queda bastante natural o bendito alfónimo LTS, que é dos
> típicos que tende a converterse en substantivo así en bruto.
>
> Saúdos,
>
> Antón
>
> P.S. Naturalmente falta a idea xenial que nos enamoraría a todos pero
> ante un idioma que escupe siglas coma unha ametralladora, que criterio
> xeral tomamos? Cando estamos de acordo? Eu diría que cando temos unha
> sigla que sobarda ou vai transcender ao público xeral hai que actuar.
> E cando temos unha "interpretación ou adaptación" que é conserva a
> lexibilidade e respecta a orixe do termo estamos no camiño acertado.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
--
Daniel de Vega
danDDv77
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list