[Tradutores-Ubuntu] Tradución da frase "Long Term Support"
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Mon Apr 26 18:00:39 BST 2010
2010/4/26 Román <roman.pena.perez at gmail.com>:
> 2010/4/26 Anton Méixome <meixome at certima.net>:
>> 2010/4/26 Román <roman.pena.perez at gmail.com>:
>>> 2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>>>> 2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>>>>> 2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>>>>>> Se entendemos LTS (Long Term Support) como un termo de "marketing"
>>>>>> referente a "Máis estábel e asistida durante máis tempo" (cousa que
>>>>>> considero moi axeitada) poderíamos tentar alcuñar unha expresión e o
>>>>>> seu acrónimo, que reflectise esa idea.
>>>>>>
>>>>>> Iniciamos unha "brainstorming" :-)
>>>>>>
>>>>> Versión Consolidada
>>>>> Edición Consolidada
>>>>>
>>>>> consolidar
>>>>> v t Facer máis sólida, firme ou estable algunha cousa.
>>>>> v pron Adquirir alguén ou algo solidez, firmeza ou estabilidade.
>>>>>
>>>>
>>>> _V_ersión _C_onsolidada a _L_ongo _Prazo_
>>>>
>>>> --
>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>>
>>>
>>> Que tal "Asistencia de Duración Estendida"?, ou, para evitar a
>>> "colisión" de significados da palabra "estendida", que vos parece
>>> "Asistencia de Duración Prolongada"?
>>>
>>> --
>>> Román
>>>
>>
>> Outra idea, outro enfoque
>>
>> versión LTS (de Longo Termo en Servizo)
>>
>
> Gústame a idea de reutiliza-lo acrónimo inglés, pero a frase soa un
> pouco forzada, NMHO.
> ¿Que tal "Longo Tempo en/de Servizo"? Tampouco me termina de
> convencer, pero vouna deixar caer, xunto con algunhas alternativas
> máis que se me ocorren. Non son moi boas, pero igual consigo inspirar
> a alguén e damos cunha que provoque o consenso ;-)
> Serían estas (volvo incluí-la primeira proposta):
>
> Longo Tempo de Servizo
> Lonxevo en Termos de Servizo
> Lonxevidade nos Traballos de Sostemento
> Laborado por Tempo Sostido (mmm, polo visto, laborar non é normativo
> -e labrar, para este caso, non cadra-)
> Lonxitude Temporal Superior
> (Ou calquera combinación ou variación destes termos)
Eu son máis da idea de traducilo de forma que se entenda, e manter o
de LTS, pero sen obrigar a que a tradución conste de tres palabras que
comecen por ditas letras.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list