[Tradutores-Ubuntu] LoCo Stories: the Asturian team drives the Asturian Language Academy migration to Ubuntu
damufo
damufo at gmail.com
Fri Apr 23 07:06:36 BST 2010
En 2010/04/22 22:43, Manuel X. Lemos escribiu:
> Román escribiu:
>> 2010/4/22 Xosé<xosecalvo at gmail.com>:
>>
>>> Non, se iso sería o de menos. O que habería sería que falar coa RAG!!!
>>>
>>> Xosé
>>>
>>>
>>>
>>
>> Sobre todo, para que a Xunta non destine a millonada de fondos
>> públicos que empregou para que traduciran o Windows XP ao Galego logo
>> da Normativa 2003 (e xa sei que o político de turno o fixo, sobre
>> todo, -non falo de cores, porque tería ocorrido o mesmo fose quen fose
>> o que estivese no cargo- para levar unha pequena parte deses fondos...
>> pero para iso tamén volos podían dar a vós, para que continuarades coa
>> labor tan magnífica e sufrida que estades a facer, e así todo queda en
>> casa ;-). Por certo, Xosé, non subestimes o poder da publicidade: ter
>> contacto co redactor da nova é interesante :-)
>>
>> Román
>>
>>
> Millonada que por riba foi para o lixo, polo menos na parte da Xunta
> onde eu traballo, xa que cando pedín que me puxeran o XP en galego a
> contestación dos de soporte foi que non instalaban o paquete de
> tradución porque logo o sistema daba problemas.
>
Certo! eu que o uso (o XP) non o puxen en galego precisamente por iso.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list