[Tradutores-Ubuntu] LoCo Stories: the Asturian team drives the Asturian Language Academy migration to Ubuntu

Manuel X. Lemos mxlemos at gmail.com
Thu Apr 22 21:43:48 BST 2010


Román escribiu:
> 2010/4/22 Xosé <xosecalvo at gmail.com>:
>   
>> Non, se iso sería o de menos. O que habería sería que falar coa RAG!!!
>>
>> Xosé
>>
>>
>>     
>
>  Sobre todo, para que a Xunta non destine a millonada de fondos
> públicos que empregou para que traduciran o Windows XP ao Galego logo
> da Normativa 2003 (e xa sei que o político de turno o fixo, sobre
> todo, -non falo de cores, porque tería ocorrido o mesmo fose quen fose
> o que estivese no cargo- para levar unha pequena parte deses fondos...
> pero para iso tamén volos podían dar a vós, para que continuarades coa
> labor tan magnífica e sufrida que estades a facer, e así todo queda en
> casa ;-). Por certo, Xosé, non subestimes o poder da publicidade: ter
> contacto co redactor da nova é interesante :-)
>
>  Román
>
>   
Millonada que por riba foi para o lixo, polo menos na parte da Xunta
onde eu traballo, xa que cando pedín que me puxeran o XP en galego a
contestación dos de soporte foi que non instalaban o paquete de
tradución porque logo o sistema daba problemas.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list