[Tradutores-Ubuntu] Un Saudo

Anton Méixome meixome at certima.net
Thu Apr 22 18:27:01 BST 2010


Benvido Iván,

Bótalle unha ollada a algo que che apeteza e que no que non concorran
moitos membros, así poderémosche iniciar mellor.

Xa nos dirás,

Antón



2010/4/22 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>:
> En 22/04/10 17:54, lucanuscervus escribiu:
>> Hola chamome Ivan e remaome de unir ao grupo de traduccions, se me
>> aclaro como :)
>>
>> Un saudo
>
> Ola Iván!
>
> Benvido ao Grupo de localización ao Galego, por estes lares tes a xente
> de diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na
> localización ao galego de Ubuntu.
>
> recibimos unha solicitude de admisión do usuario "laegnur", entendo que
> eres ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes de
> admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións
> para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E
> no caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga
> os consensos que temos estabelecidos.
>
> Logo de este "armonioso" parágrafo recoméndoche que comeces por ler a
> nosa wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde
> poderás encontrar información moi valiosa para os principiantes.
> Namentres nós procurámosche un aplicativo co que poidas comezar a
> traducir.  Aló tamén tes ligazóns a recursos ortográficos e estilísticos
> do idioma galego que é interesante que leas.
>
> Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é,
> se traballas no mundo da medicina nós procuráremosche un aplicativo
> relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará que te
> inicies moito máis rápido.
>
> Se tes calquera pregunta, esta rolda é a axeitada.
>
> Saúdos.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list