[Tradutores-Ubuntu] Un Saudo

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Thu Apr 22 18:13:25 BST 2010


En 22/04/10 17:54, lucanuscervus escribiu:
> Hola chamome Ivan e remaome de unir ao grupo de traduccions, se me
> aclaro como :)
> 
> Un saudo

Ola Iván!

Benvido ao Grupo de localización ao Galego, por estes lares tes a xente
de diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na
localización ao galego de Ubuntu.

recibimos unha solicitude de admisión do usuario "laegnur", entendo que
eres ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes de
admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións
para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E
no caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga
os consensos que temos estabelecidos.

Logo de este "armonioso" parágrafo recoméndoche que comeces por ler a
nosa wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde
poderás encontrar información moi valiosa para os principiantes.
Namentres nós procurámosche un aplicativo co que poidas comezar a
traducir.  Aló tamén tes ligazóns a recursos ortográficos e estilísticos
do idioma galego que é interesante que leas.

Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é,
se traballas no mundo da medicina nós procuráremosche un aplicativo
relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará que te
inicies moito máis rápido.

Se tes calquera pregunta, esta rolda é a axeitada.

Saúdos.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list