[Tradutores-Ubuntu] Tradución ao galego das Release notes

Román roman.pena.perez at gmail.com
Thu Apr 22 17:45:32 BST 2010


2010/4/22 damufo <damufo at gmail.com>:
> Boas:
>
> En 2010/04/22 17:42, Román escribiu:
>> 2010/4/22 damufo<damufo at gmail.com>:
>>> Aí vai
>>>
>>> En 2010/04/22 10:48, Román escribiu:
>>>> Boas,
>>>>
>>>>>>> significado en informatica.)
>>>>>>> - quedará configurado para arrancar ningún núcleo recén instalado (soa raro)
>>>>> recén (non existe en galego) ->    ao acabar de instalalo
>>>>
>>>>    Non teño moi claro como acabou esta tradución, ¿poderiades pegarme un
>>>> enlace, ou poñer a cadea orixinal e maila que finalmente quedou?
>>>>    Gracias
>>>>
>>>>    Román
>>>>
>>>
>>> Porén, se selecciona «conservar a versión actualmente instalada», o seu
>>> sistema non quedará configurado para arrancar ningún núcleo ao acabar de
>>> instalalo.
>>>
>>
>>   Mmm :-/, por iso preguntaba... Igual me trabuco, pero penso que é
>> incorrecto, ou polo menos, ambiguo. Non debería ser "ningún núcleo
>> recentemente instalado"? Son frases completamente distintas...
>>
>>   Opinións?
>>
>>   Román
>>
> Efectivamente, penso que tes razón:
> Mudeina por esta:
> Porén, se selecciona «conservar a versión actualmente instalada», o seu
> sistema non quedará configurado para arrancar ningún núcleo apenas
> instalado.
>
> Ollo, tamén mudei <instalalo.> por <instalado.>
>
> recién-> 2.(casi en el mismo momento) apenas.
> É unha das traducións que trae o tradutor español-galego da rag do ano
> 2004. Penso que lle acae ben.
>

 De acordo, a min váleme.
 Aínda así, por algunha razón que non logro concretar, rínchanme os
dentes co de "apenas". "Recentemente" non é
normativo?[http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp?Termo=recente].
 En calquera caso, insisto: por min pode quedar así.

 Saúdos,

 Román



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list