[Tradutores-Ubuntu] Tradución ao galego das Release notes
damufo
damufo at gmail.com
Thu Apr 22 17:17:26 BST 2010
Boas:
En 2010/04/22 17:42, Román escribiu:
> 2010/4/22 damufo<damufo at gmail.com>:
>> Aí vai
>>
>> En 2010/04/22 10:48, Román escribiu:
>>> Boas,
>>>
>>>>>> significado en informatica.)
>>>>>> - quedará configurado para arrancar ningún núcleo recén instalado (soa raro)
>>>> recén (non existe en galego) -> ao acabar de instalalo
>>>
>>> Non teño moi claro como acabou esta tradución, ¿poderiades pegarme un
>>> enlace, ou poñer a cadea orixinal e maila que finalmente quedou?
>>> Gracias
>>>
>>> Román
>>>
>>
>> Porén, se selecciona «conservar a versión actualmente instalada», o seu
>> sistema non quedará configurado para arrancar ningún núcleo ao acabar de
>> instalalo.
>>
>
> Mmm :-/, por iso preguntaba... Igual me trabuco, pero penso que é
> incorrecto, ou polo menos, ambiguo. Non debería ser "ningún núcleo
> recentemente instalado"? Son frases completamente distintas...
>
> Opinións?
>
> Román
>
Efectivamente, penso que tes razón:
Mudeina por esta:
Porén, se selecciona «conservar a versión actualmente instalada», o seu
sistema non quedará configurado para arrancar ningún núcleo apenas
instalado.
Ollo, tamén mudei <instalalo.> por <instalado.>
recién-> 2.(casi en el mismo momento) apenas.
É unha das traducións que trae o tradutor español-galego da rag do ano
2004. Penso que lle acae ben.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list