[Tradutores-Ubuntu] Estatísticas

Xosé xosecalvo at gmail.com
Wed Apr 21 19:37:43 BST 2010


Isto tamén revela un punto fraco: o nivel de tradución individual é máis alto 
que o desas equipas, mais isto supón que se alguén falla habémolo resentir 
moito máis.

Cómpre, polo tanto, ampliar o número de tradutores; vexo o traballo "externo" 
na web cada vez con maior necesidade.

Xosé



O Mércores 21 Abril 2010 14:57:25 Leandro Regueiro escribiu:
> >> Lástima que non teñamos un equipo de publicistas tan eficaz como o de
> >> tradución.
> > 
> > Quero dicir... alguén se anima a facer unhas gráficas xeitosas con eses
> > datos?
> 
> Quizais sexa debido a isto que obteñamos mellores resultados na
> tradución, porque toda a nosa xente se dedica a traballar. Seguro que
> en outros grupos teñen xente que se dedica a crear novas, manter webs,
> e todo iso que nós non facemos tan ben. Quédame dicir que isto de que
> sexamos poucos e se obteñan mellores resultados que por exemplo os
> cataláns non é algo novo xa que ven sendo así dende hai unha chea de
> anos, incluso dende antes de poñerme eu a traducir.
> 
> O da gráfica sería interesante. E ademais sería outro dato para
> documentar a nosa "historia" :)
> 
> En todo caso os meus parabéns a todos os "culpables" :)



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list