[Tradutores-Ubuntu] Estatísticas
Fran Dieguez
listas at mabishu.com
Wed Apr 21 09:33:41 BST 2010
WOW!!! Isto é incríbel. Somos poucos pero traballamos arreo!
podo publicar isto na páxina do GLUG??!!
En 21/04/10 10:30, Miguel Bouzada escribiu:
> Próxima xa a liberación da Ubuntu Lucid (10.04) fago desde «Galician
> Translator team» de Ubuntu, unha revisiñon do noso traballo a título
> informativo
> Recordade que ocupamos a posición 17ª no ranking de idiomas máis
> traducidos (canda a anterior liberación de «Karmic - 9.04» ocupabamos
> a posición 20ª)
>
> Comparanza do estado das traducións en Ubuntu, cos idiomas máis
> próximos, a día de hoxe (21/04/2010):
>
> Respecto ao portugués (14º no "ranking" de máis traducidos)
> Levamos traducido o 2,08% menos
> Levamos traducidas 6.935 liñas menos
> Portugal 399 tradutores → 100% (base de cómputo)
> Media de tradución por tradutor → 572 liñas
> Galicia 149 tradutores → 37,34%
> Media de tradución por tradutor → 1487 liñas, o que supón unha
> intensidade de traballo do 259,96%
> diferencia -250 tradutores % -62,65%
>
> Respecto ao catalán (18º no "ranking" de máis traducidos)
> Levamos traducido o 0,71% máis
> Levamos traducidas 2385 liñas máis
> Calaluña 216 tradutores → 100% (base de cómputo)
> Media de tradución por tradutor → 1014 liñas
> Galicia 149 tradutores → 68,98%
> Media de tradución por tradutor → 1487 liñas, o que supón unha
> intensidade de traballo do 146,64%
> diferencia -67 tradutores % -31,01
>
> Datos extraidos de:
> https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list