[Tradutores-Ubuntu] Bug de Thunderbird co language pack en Lucid
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Sat Apr 10 13:01:40 BST 2010
> 2010/4/10 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>:
>
>> 2010/4/10 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>>
>>> 2010/4/10 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>
>>>
>>> Ola rapaces,
>>>
>>> veño de informar do erro no language pack do thunderbird en Ubuntu, xa
>>> que non chegou a tempo.
>>>
>>> https://bugs.edge.launchpad.net/ubuntu/+source/thunderbird/+bug/559911
>>>
>>> Podedes algún de vos, ou todos, comentar embaixo do bug para que "colla"
>>> importancia en ubuntu? Coido que nesta rolda tamén hai persoas que
>>> pertencen ao galician mozdev, nese caso sería importante que
>>> informárades que o que comento no bug é certo e que o remitan canto antes.
>>>
>>> Saúdos
>>
>> Lembrade que a hora de corrixilo, o xeito como o fixeron en mancomun non é o
>> máis canónigo, xa que resulta nunha redacción non moi precisa.
>>
>> A solución máis axeitada pasa por "numerar ordinalmente" as variábeis tal e
>> como están na cadea orixinal deste xeito:
>
> Tes razón, pero creo recordar que en Mozilla había problemas ao
> reordenar as variábeis. Falo de oídas, ou máis ben sóame telo escoitado.
>
> Repito, se hai alguén de Mozilla por esta rolda estaría ben que se
> pronunciase. Ou se non hai e alguén pode remitirlle esta conversa sería
> perfecto.
Pois reenvío á rolda de Mozdev. Persoalmente non sei se isto de
reordenar as variables se poderá facer nas traducións de Mozilla.
>> Supoñendo que a cadea orixinal sexa:
>> Downloading %S -%lu of %lu messages headers
>>
>> Ordenamos (mentalmente)...
>> %$1S, %$2lu, %$3lu
>> Que viría a ser
>> Downloading %$1S -%$2lu of %$3lu messages headers
>>
>> Co que podemos xa traducir mudando a posición das variábeis
>> Co que podería ser
>> Descargando %$2lu de %$3lu cabeceiras de mensaxe de %$1S
>>
>> No curso de i18n eu propoño este exemplo:
>> http://wiki.trasno.net/Gettext_izar_en_%22C%22#Modificar_a_orde_das_variables
>> http://www.galpon.org/wiki/index.php/Gettext_izar_en_%22C%22#Modificar_a_orde_das_variables
>>
>> Modificar a orde das variables
>>
>> Este é un erro moi frecuente nas traducións
>>
>> Frase exemplo
>>
>> printf (gettext ("Written on `%s' at %s\n"), s, strlen (s));
>>
>> Na plantilla verémolo así:
>>
>> msgid "Written on `%s' at %s\n"
>>
>> Traducímolo literalmente por msgstr
>>
>> "Escrito o «%s» ás %s\n"
>>
>> Como nos gusta máis dicir "Escrito ás %s do día «%s»" traducímolo así e o
>> resultado será algo como:
>>
>> Escrito ás 25/7/2009 do dia 7:30
>>
>> Para solucionalo deberemos ter en conta a orde das variables e modificalo
>> engadindolle un valor "ordinal" 1, 2, etc... antes do tipo de dato
>>
>> msgstr "Escrito ás %2$s do día «%1$s»\n"
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list