[Tradutores-Ubuntu] Fallos facendo o Quality Testing da Beta 2

Xosé Antonio Rubal López xarubal at gmail.com
Wed Apr 7 17:41:40 BST 2010


Ola,

Pero como non se vai escoitar na fala diaria... Non hai que confundir
as experiencias persoais coa realidade da fala...

Volvendo ao tema orixinal da discusion, eu creo que o problema dos
textos desas pantallas e que se utiliza sistematicamente e varias
veces na mesma oracion, e as veces incorrectamente.



2010/4/7, Manuel A Vazquez <xixirei at yahoo.es>:
> Ola a todos:
> Que non se escoite na fala diaria non quere dicir que non sexa correcto.
> A perífrase HABER (de) + infinitivo é correcta, polo tanto pódese e débese
> empregar. A riqueza de expresións é positiva para unha lingua.
> O criterio de uso, se o aplicamos, debémolo aplicar sempre. Por exemplo, non
> poderiamos usar o termo "devasa", porque nin os propios traballadores que
> apagan os incendios, que fan moitas devasas nun verán, nin o usan nin
> coñecen o seu significado.
>
> Manuel A Vázquez
> xixirei at yahoo.es
>
>
>
> ----- Mensaje original ----
> De: Fran Diéguez <listas at mabishu.com>
> Para: ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> Enviado: mié,7 abril, 2010 14:48
> Asunto: Re: [Tradutores-Ubuntu] Fallos facendo o Quality Testing da Beta 2
>
> On 07/04/10 14:43, Xosé wrote:
>> Tempos compostos? Os exemplos que pos son da perífrase HABER (de)+
>> infinitivo.
>> Tempos compostos serían HABER + participio de pasado ("he feito").
>>
>> Xosé
>>
>>
> Tes toda a razón,
>
> de todas formas non teñen coherencia co estilo de tradución do resto de
> Ubuntu e penso que deberíamos reescribir ditas cadeas. IMHO sonan
> bastante "arcaicas" e non se corresponden co galego máis "de pé de rúa".
> Podedes decir que é correcto, e douvos toda a razón, pero aínda así eu
> non escoitei a ninguén que use dita perífrase na fala diaria.
>
> Saúdos.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
>
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


-- 
Saúdos,

Xosé Antonio Rubal.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list