[Tradutores-Ubuntu] [terminoloxia]prompt
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Wed Sep 30 12:00:26 BST 2009
2009/9/29 Antón Méixome <certima at certima.net>:
> A ver,
>
> Estaba acabando-repasando o debian-installer e creo que temos que
> tomar algún camiño ou avanzar algo
>
> prompt
> - indicador
> - indicativo
> - indicación
> - aviso
> - invitación
> - solicitude
> - petición
> - prompt
>
> Por suposto referido ao sentido "command prompt" (orde de consola en
> modo texto) e non ao verbo prompt (preguntar)
>
> En principio inclínome por "indicación" xa que non ten uso actual,
> mentres que "indicador" úsase moito como tradución de indicator). O
> caso de "indicativo" é diferente porque -en principio- só pode ser
> adxectivo e aquí necesitamos un substantivo. Ou deixamos indicador ?
>
> - Glosario de Mancomún
> prompt
> indicador de ordes
>
> - Glosario de localización
>
> - No glosario de Trasno non está.
Mirade, aproveitando que acabo de rematar a creación da BD dos
glosarios e do script de consulta (e filtrando máis ou menos a man os
resultados que non veñen a conto):
####################
"prompt" (Marce):
Ámbitos: shell
"indicador do sistema"
"prompt" (Mancomun):
Definición: A symbol that appears on the computer screen to indicate
that the computer is ready to receive a command. A prompt is text
printed to ask the user for input. Displaying a prompt is called
prompting.
"indicador do sistema"
"preguntar"
"avisar"
"prompt" (Guinovart):
Exemplo: "indicador do sistema operativo"
"indicador" [sm] (recomendada)
"command prompt window" (Microsoft):
Definición: A window that mimics an old MS-DOS display for typing
command-line instructions.
"ventá do símbolo do sistema"
"prompt" (Microsoft):
Definición: Text or symbols indicating that a computer program is
waiting for input from the user.
"pregunta do programa"
"Prompt" (San clemente):
"Indicador da introducción de datos na pantalla"
"mensaxe de actuación"
####################
Parece que xa empeza a dar resultados o meu traballo :)
Ata logo,
Leandro Regueiro
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list