[Tradutores-Ubuntu] erros que topei nunha instalación de karmic

Fran Diéguez listas at mabishu.com
Tue Sep 29 12:33:20 BST 2009


Ola Mr. Rial,

as pantallas do slideshow están todas traducidas por min mesmo.

vou revisar o ubiquity polo tema de que estea traducido por completo.

O de América do Sul non teño idea de onde sae, podedes votar un ollo?

Gdm foi reprogramado por completo polo que vou mirar se falta algo.

Saúdos
Frco. Javier Rial escribiu:
> Mando adxuntas unhas capturas de pantalla da instalación dunha karmic en 
> galego e con algúns pequenos erros detectados (están sinalados en vermello nas 
> capturas).
> 
> Indicar, que o primeiro que fixen despois de instalar foi actualizala 
> completamente ás últimas versións dos repositorios de ubuntu karmic reiniciar 
> e facer as probas.
> 
> Despois tamén me atopei cun erro máis importante e é que o Openoffice.org que 
> trae non sae por defecto en galego.
> 
> Graciñas polo traballo que facedes.
> 
> Un saúdo.
> 


-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list