[Tradutores-Ubuntu] erros que topei nunha instalación de karmic

Fran Diéguez listas at mabishu.com
Tue Sep 29 12:19:43 BST 2009


Non poñamos o grito no ceo... polo momento. Xa que polo que teño
entendido as traduzóns da alfa6 non están totalmente integradas, mais sí
existen os paquetes.

Isto foi porque non integraron todos os idiomas. Eu xa levo unha semana
con karmic no meu computador e actualizan case todos os días os paquetes
de idioma co que entendo que acabarán integrando todo.

Saúdos

Frco. Javier Rial escribiu:
> Mando adxuntas unhas capturas de pantalla da instalación dunha karmic en 
> galego e con algúns pequenos erros detectados (están sinalados en vermello nas 
> capturas).
> 
> Indicar, que o primeiro que fixen despois de instalar foi actualizala 
> completamente ás últimas versións dos repositorios de ubuntu karmic reiniciar 
> e facer as probas.
> 
> Despois tamén me atopei cun erro máis importante e é que o Openoffice.org que 
> trae non sae por defecto en galego.
> 
> Graciñas polo traballo que facedes.
> 
> Un saúdo.
> 


-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list