[Tradutores-Ubuntu] Problema moral
Adrián Chaves Fernández
adriyetichaves at gmail.com
Sat Sep 5 11:39:47 BST 2009
> Ola, xente. Para comenzar centremos o problema:
> - A maioría do profesorado que traballa/ou cos PC's sempre o fixo
> dentro do entorno WINDOWS
> - As persoas somos reacias AOS CAMBIOS
> - Pero cas equipas das que se dispón (velhas que funcionaban con
> WIN98) temos/teremos/e se terán problemas (virus, compatibilidade,
> impresoras,etc)
> -Podemos instalar GNU/LINUX pero non se quere (DAME MEDO)
> - POdemos instalar GNU/LINUX con apariencia WINXP
> a pregunta é: É moralmente aceptabel?
> aí queda iso. Ala a pensar!!!
Eu diríache de instalar GNU/Linux a secas. Todo depende de para que se usen as
computadoras.
Eu pasei a meu pai e maila parella a GNU/Linux. Sabían que se tiñan problemas
con Windows (e sempre acaban aparecendo), eu non lles ía (poder) axudar.
Sabían que cun virus podían perder datos, e con iso deixáronme (tras moito
insistir).
O caso é que agora non notan a diferencia. Teñen Ubuntu coa interface e
escritorio por defecto. E a fin de contas, só tes que explicar as cousas
básicas:
- Como vexo o correo? (que o firefox se inicie na páxina do correo)
- Como entro na internet? (o anterior, pero olles explican que hai un recadro
para buscar no Google, ou lle pos a ligazón a google nun marcador)
- E logo como acceder ao "Office".
O aspecto de Ubuntu acaba gustando máis que o do Windows. E o resto de
problemas poden resolverse sobre a marcha.
Así que todo depende do uso que se lles vaia dar ás computadoras.
Coido que molestarse en darlle aspecto de XP é contraproducente. Inda van
pensar que siguen en XP e lle instalan o VLC por exe! XD
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list