[Tradutores-Ubuntu] para presentarme

Román roman.pena.perez at gmail.com
Wed Sep 2 17:33:47 BST 2009


El 2 de septiembre de 2009 16:46, Adrián Chaves
Fernández<adriyetichaves at gmail.com> escribió:
>> Vaites, amólote?, tes algún problema que sexa un independentista?ç
>
> Non creo que tivese ningún, simplemente notou que o eras. Non es o único entre
> os tradutores (supoño que é algo normal), así que por discriminación non será,
> vamos.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>

Vaia "discusión de ollomoles" X-DD.

O de que "soou independentista" non era ningunha clase de ataque (na
miña opinión, claro, pero é que a frase de Marcos García viña
acompañada dunha emoticona bastante descriptiva). Seica o único que se
amolou realmente foi Golfinho.

É lóxico pensar que todos os que estamos por eiquí comulgamos co de
"viva o Galego!", así que non te ofendas, home, e por suposto, benvido
á comunidade ;-).

Por certo, este fío tráeme á memoria unha reflexión: neste país (deixo
como exercicio do lector decidir se falo de Galicia ou de España :-P),
pola historia que temos, non se pode dicir algo como "viva Galicia (ou
Galiza)" ou "viva España" sen que o tilden a un de nacionalista, da
cor que sexa (independentista, unionista, galego, español, de
esquerdas, de dereitas, etc.). Sen embargo, cando estaba moi de moda
unha canción do grupo mexicano Molotov e soaba en tódolos garitos, a
xente berraba con ganas iso de "¡viva Méjico, cabrones!"... e non
ocorría nada malo.
Aí queda iso ;-).

Saúdos,

Román.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list